Máster Universitario en Biofabricación

Ciencias (Experimentais)
Campus de Vigo

Características

Modalidade
Presencial
Créditos ECTS totais
60
Número de cursos
1
Prazas
7
Código
V61M199V01

Descubrir a vangarda do deseño e da fabricación de órganos e tecidos, un campo interdisciplinario que integra coñecementos da enxeñaría e da ciencia dos materiais coa bioloxía e as ciencias da saúde.

O obxectivo deste mestrado é desenvolver habilidades teóricas e prácticas nos campos da biofabricación, a enxeñaría de tecidos e a medicina rexenerativa. Isto inclúe o deseño de estruturas 3D para o desenvolvemento de preórganos e tecidos funcionais, a detección de fármacos, a medicina personalizada e a práctica clínica.
 

Acceso e admisión

Terán acceso preferente as titulacións en Bioloxía, Biotecnoloxía, Bioquímica, Farmacia, Fisioterapia, Veterinaria, Medicina, Física e Enxeñaría Biomédica.

O proceso de admisión baséase no modelo de criterios xerais con cotas cuxa descrición se mostra a continuación:

As titulacións de acceso preferente son:

  • 8 prazas para titulacións en Bioloxía, Biotecnoloxía e Bioquímica
  • 7 prazas para Farmacia, Fisioterapia, Veterinaria e Medicina
  • 6 prazas para Física e Enxeñaría Biomédica

O procedemento de admisión será o seguinte:

  • Nota media do expediente académico.
  • No caso que queden vacantes nalgunha cota, cubriranse as prazas co alumnado en lista de espera das outras cotas.
  • No caso de que non se cubran todas as prazas coas titulacións preferentes poderase admitir alumnado doutras titulacións universitarias diferentes ás identificadas como preferentes para o acceso ao mestrado, que se detallan por ámbitos de coñecemento:
    • Ámbito científico: Química, Bioloxía Molecular e Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
    • Ámbito de ciencias da saúde: Ciencias Biomédicas e Biomedicina
    • Ámbito tecnolóxico: Nanociencia e Nanotecnoloxía, Enxeñaría Química, Enxeñaría Química Industrial, Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais e Telecomunicacións
       

Obxectivos xerais da titulación

O obxectivo principal do mestrado é dotar o alumnado de habilidades teóricas e prácticas nos campos da biofabricación, a enxeñaría de tecidos e a medicina rexenerativa; concretamente, no deseño de andamiaxes ou estruturas que sirvan como base para a rexeneración ou xeración de órganos e tecidos humanos, así como de preórganos útiles para a práctica médica ou as probas de fármacos. O programa tamén trata dispositivos médicos personalizados que reducen o risco de infección, melloran a usabilidade e ofrecen un rendemento clínico superior.

Os obxectivos da formación inclúen:

  • Desenvolver habilidades e capacidades para o traballo interdisciplinar dada a natureza específica do campo da biofabricación, que integra coñecementos da enxeñaría, a ciencia dos materiais, a bioloxía e a medicina, entre outros.
  • Mellorar o desenvolvemento das habilidades de investigación, innovación e emprendemento, en resposta á rápida e constante evolución desta disciplina e ao seu potencial comercial.

Plan de estudos

Preinscrición e matrícula

Contacto

Coordinación do título