Máster Universitario en Bioloxía Mariña
Características
O Mestrado interuniversitario en bioloxía mariña impártese nas universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña. A especial vinculación da comunidade autónoma de Galicia co medio mariño esixe a formación de especialistas que se encarguen da avaliación, xestión e axeitada valoración da diversidade e os recursos mariños nunha determinada área xeográfica, garantindo a súa conservación dentro do marco legal vixente. Do mesmo xeito, é igualmente esencial a formación de persoal dedicado ao desempeño de tarefas docentes e de investigación no campo da bioloxía mariña.
Acceso e admisión
- Currículo (90 %)
- Expediente académico (65 %): Bioloxía/Ciencias Mariñas (x 1,0); resto (x 0,5)
- Experiencia profesional no sector mariño (15 %)
- Experiencia investigadora (15 %)
- Outros méritos relacionados co mestrado (5 %)
- Carta de declaración de intereses, motivación e referencias (10 %)
- Entrevista persoal opcional, en caso de empate ou se a documentación achegada suscita dúbidas.
- Currículo (ata o 90% da nota):
- Expediente académico (ata o 65 % do CV). Como perfís de acceso preferente establécense os seguintes:
- Licenciatura/Grao en Bioloxía ou Ciencias do Mar (nota: nota media x 1).
- Licenciatura/Grao noutras titulacións das grandes aéreas de ciencias ou ciencias da saúde (nota: nota media x 0,5).
- Experiencia investigadora en bioloxía (ata o 15 % do CV). Colaboración en proxectos de investigación, en campañas oceanográficas, publicacións científicas, comunicacións a congresos e estancias de investigación;todos estes méritos deberán non ter sido computados anteriormente no expediente académico.
- Experiencia profesional relativa á bioloxía (ata o 15 % do CV). Prácticas en empresas ou institucións, non incluídas previamente no expediente académico. Contratos en empresas e institucións.
- Outros méritos (ata o 5 % do CV).Consideraranse méritos formativos diversos, tales como cursos, bolsas, asistencia de ciclos e xornadas, premios, idiomas, outras titulacións, e outros méritos que o solicitante considere apropiado achegar.
- Cartas de interese (ata o 10% da nota):
- Declaración persoal de interese no mestrado (ata o 5 % da nota). Texto libre cunha extensión mínima de 200 palabras.
- Carta de recomendación (ata o 5 % da nota). Escrito de referencia e apoio ao estudantado, emitido preferentemente por un exprofesor.
Opcionalmente, realizarase unha entrevista persoal (de maneira presencial ou a través de videoconferencia ou do correo electrónico). O obxectivo desta entrevista é valorar o interese do alumnado solicitante no mestrado, aclarar posibles dúbidas na documentación ou méritos achegados e permitir o desempate de puntuación entre varios candidatos/as.
En calquera caso teranse moi en conta as necesidades educativas especiais do estudantadoderivada da súa discapacidade.
Obxectivos xerais da titulación
- Coñecemento físico-químico do medio oceánico e costeiro.
- Coñecemento da diversidade dos organismos mariños e as súas estratexias de adaptación.
- Comprender as interaccións entre os organismos mariños e os ecosistemas mariños e costeiros .
- Identificación do potencial interese económico e biotecnolóxico dos organismos mariños.
- Principios de explotación e sustentabilidade do medio mariño, planificación e supervisión da súa xestión.
- Identificación e avaliación da calidade ambiental do medio mariño e a lexislación vixente, así como xestión de consultarías ambientais.
- Catalogación, avaliación, conservación, restauración e xestión de áreas mariñas e costeiras protexidas; preparación, asesoramento xurídico e implementación de plans de xestión costeira.
- Manexo da metodoloxía de investigación, as técnicas de mostraxe e instrumentais e a análise de datos aplicadas ao medio mariño.
- Coñecemento de institucións, organizacións e lexislación relacionadas co medio mariño e os seus recursos empresariais e económicos.




