Máster Universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais

Ciencias Sociais e Xurídicas
Campus de Pontevedra

Características

Modalidade
Presencial
Créditos ECTS totais
60
Número de cursos
1
Prazas
25
Código:
P04M176V01

Unha titulación multidisciplinar especializada na capacitación de dous perfís profesionais do ámbito da comunicación dixital:
- Xestor/a de redes sociais (social media manager): responsable da creación, desenvolvemento, implantación e avaliación da estratexia de comunicación dunha empresa, produto ou institución en medios sociais.
- Xestor/a de contidos (content manager): responsable da creación dos contidos, en calquera formato, que unha empresa ou institución publicará en medios sociais, blogs ou webs: redacta textos, crea imaxes e vídeos optimizados para os distintos medios e soportes online.

A formación está centrada en tres módulos: estratexia dixital, creación e emprendemento.
 

Acceso e admisión

A comisión de valoración terá en conta:
- Expediente académico: avaliarase de 1 a 4 segundo o procedemento regular en España (ata un máximo de 4 puntos).
- Título universitario en Publicidade e Relacións Públicas, en Comunicación Audiovisual ou en Xornalismo (3 puntos).
- Título universitario no campo das ciencias sociais (2 puntos).
- Currículo (ata un máximo de 2 puntos).
- Coñecementos e acreditación de inglés (nivel B1 ou superior, dentro do marco común europeo de referencia para as linguas, ata un máximo de 2 puntos).
- Coñecemento e acreditación do uso das TIC (cursos de formación en habilidades dixitais segundo carga lectiva e contidos, ata un máximo de 1 punto).

Plan de estudos

O obxectivo do título é formar profesionais e dotalos das competencias específicas de dous perfís claramente identificados dentro da industria das TIC.

Competencias básicas (establecidas polo Real decreto 861/2010)
- Posuír e comprender coñecementos que proporcionan unha base ou unha oportunidade para ser orixinal no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
- Saber aplicar os coñecementos adquiridos e as súas habilidades de resolución de problemas en contornas novas ou descoñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
- Ser capaz de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, aínda que incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- Ser capaz de comunicar as súas conclusións (e o coñecemento e o razoamento subxacentes) de forma clara e inequívoca tanto a públicos especializados como non especializados.
- Tamén posuír as habilidades de aprendizaxe para continuar estudando dun xeito en gran medida autodirixido ou autónomo.
 

Saídas Profesionáis

- Xestor/a de redes sociais (social media manager): responsable da creación, desenvolvemento, implantación e avaliación da estratexia de comunicación dunha empresa, produto ou institución en medios sociais.
- Xestor/a de contidos (content manager): responsable da creación dos contidos, en calquera formato, que unha empresa ou institución publicará en medios sociais, blogs ou webs; redacta textos, crea imaxes e vídeos optimizados para os distintos medios e soportes en liña.

Preinscripción y matrícula

Contacto

Coordinación do título

Javier Abuín Penas