Máster Universitario en Desafíos das Cidades

Enxeñaría e Arquitectura
Campus de Ourense

Características

Modalidade
Semipresencial
Créditos ECTS totais
90
Número de cursos
2
Prazas
6
Código
O05M190V01

O mestrado nace co obxectivo de analizar os desafíos actuais das cidades e as súas respectivas respostas para transformalas en cidades sostibles, intelixentes, eficientes, resilientes e inclusivas. 

O título, que xorde no marco do proxecto Universidade sem Fronteiras (UNISF), ofrece un amplo coñecemento dos problemas urbanos contemporáneos, das dúas diversidades, evolucións e posibles solucións, así como de políticas, plans e intervencións, adquirindo competencias profesionais avanzadas para intervir ben en institución públicas ou en empresas privadas implicadas no desenvolvemento do territorio.
 

Acceso e admisión

Criterios de admisión

  • Adecuación da titulación de acceso e do currículo aos contidos do mestrado. 
  • Expediente académico.
  • Outros méritos relacionados co ámbito do mestrado (experiencia laboral, formación extracurricular, participación en actividades relacionadas cos obxectivos do mestrado etc.).

O expediente académico terá un peso máximo do 70 % do total, e os outros méritos un peso máximo do 30 %.
 

Perfil de ingreso recomendado

O mestrado diríxese fundamentalmente ao seguinte público:

  • Persoas cun título de grao. 
  • Sector público: postos de alta responsabilidade na función pública, en particular ao servizo de municipios, institucións rexionais e nacionais.
  • Postos de alta dirección no exercicio privado, en particular de empresas de consultoría con intervención en entidades públicas e privadas con participación no desenvolvemento e planificación do territorio.
  • Postos de xerencia e liderado con intervención nas cidades que apoian directamente cargos con responsabilidade política.

Obxectivos xerais da titulación

Analizar os desafíos e as respostas para os dominios que apoian unha cidade sostible.
 

Plan de estudos

Saídas profesionais

O alumnado egresado da titulación obterá un amplo coñecemento dos problemas urbanos contemporáneos, as súas diversidades, evolucións e posibles solucións, así como sobre políticas, plans e intervencións, ao adquirir competencias profesionais avanzadas para intervir tanto en institucións públicas (gobernos rexionais, municipais, locais e outras entidades de xestión do territorio) como en empresas privadas con intervención no desenvolvemento do territorio.
 

Preinscrición e matrícula

Contacto

Coordinación do título

Maria Ainoa Zabalza Cerdeiriña