Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde - Semipresencial

Ciencias Sociais e Xurídicas
Campus de Ourense

Características

Modalidade
Virtual
Créditos ECTS totais
60
Número de cursos
1
Prazas
4
Código
10416

Nunha sociedade do coñecemento, o triángulo da intelixencia turística está composto ao unísono pola formación, a investigación e a innovación. O Mestrado universitario en dirección e planificación do turismo interior e de saúde oferta a formación e prepara para a investigación e a innovación.

A calidade do programa e do profesorado (académicos, investigadores e profesionais do sector turístico), o nivel de especialización e a capacidade que ofrece para realizar prácticas en empresas, unido a unha metodoloxía de ensino que prima o traballo en equipo e presenta a posibilidade de aprender mediante a análise e a resolución dos casos reais, e as experiencias e coñecementos que transmite o profesorado, fan que este mestrado se adapte ao mercado laboral e, por conseguinte, brinde posibilidades reais en termos laborais.

Acceso e admisión

O requisito principal é ter unha titulación universitaria (diplomatura, licenciatura ou grao) e reservarase o 80 % das prazas, tanto na modalidade presencial como semipresencial, para os titulados/as en Turismo.

En ambas as modalidades, na selección valórase:

  • Expediente académico
  • Experiencia profesional
  • Estancias no estranxeiro
  • Coñecemento de idiomas
  • Outros méritos

Obxectivos xerais da titulación

  • Formar o alumnado na xestión de organizacións turísticas, así como no deseño de novos produtos/paquetes turísticos ou na planificación de proxectos de desenvolvemento turístico, coa súa posterior aplicación e posta en marcha.
  • Promover o contacto directo co sector turístico.
  • Ofrecer unha visión integrada dos diferentes subsistemas que conforman o sistema de organización/empresa no sector turístico.
  • Coñecer e comprender a evolución do turismo.

Plan de estudos

Saídas profesionais

A través deste mestrado o alumnado adquirirá coñecementos vinculados co turismo desde ámbitos como a xestión, planificación ou mercadotecnia ata temas máis específicos ligados á especialidade do mestrado, Turismo interior e Turismo de saúde. É por iso que o estudantado que finaliza esta titulación está preparado para traballar nos seguintes campos:

  • Dirección de empresas e actividades turísticas (especialidade de Turismo interior e de saúde)
  • Planificación e xestión de destinos turísticos en institucións públicas e privadas
  • Planificación e xestión de proxectos de aproveitamento de recursos turísticos
  • Formación e asesoramento no campo turístico
  • Emprendemento de actividades turísticas
  • Investigación de mercados turísticos

Preinscrición e matrícula

Contacto

Coordinación do título