Máster Universitario en Enxeñaría Informática

Enxeñaría e Arquitectura
Campus de Ourense

Características

Modalidade
Presencial
Créditos ECTS totais
90
Número de cursos
2
Prazas
25
Código
10415

O Mestrado en enxeñaría informática ten como obxectivo principal a formación de profesionais altamente cualificados, capaces de planificar, deseñar, dirixir, coordinar e xestionar proxectos, produtos, procesos e instalacións en todos os ámbitos da enxeñaría informática.

Obtivo o selo internacional EUROINF en maio de 2023. Trátase dun certificado outorgado pola Rede europea de garantía da calidade a educación en informática (EQANIE) que certifica que un programa de formación en enxeñaría de nivel de licenciatura ou de mestrado cumpre cos estándares internacionais establecidos por académicos/as e profesionais que colaboran coa dita axencia.

O mestrado conta con tres orientacións ou especializacións cun alto nivel de empregabilidade na contorna socioeconómica galega e española:

  • Investigación en enxeñaría informática
  • Seguridade da información en sistemas e redes
  • Desenvolvemento de grandes sistemas de software

Acceso e admisión

Poderá acceder o alumnado que estea en disposición dun dos seguintes títulos académicos: 

  • Grao en Informática
  • Enxeñaría técnica en Informática de Xestión, enxeñaría técnica en Informática de Sistemas ou diplomatura en Informática
  • Enxeñaría ou Licenciatura en Informática
  • Títulos de grao da rama de arquitectura e enxeñaría
  • Títulos de grao da rama de ciencias

- Outros títulos obtidos en sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos mesmos

Se es graduado/a en Enxeñaría Informática ou enxeñeiro/a técnico en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, non tes que cursar complementos formativos. Noutros casos será a comisión académica a que determine se é preciso cursar con carácter previo ata 48 créditos ECTS de complementos formativos ou non.
 

Perfil de ingreso recomendado

Aínda que se permite a formación de diversos colectivos, existen dous perfís de ingreso fundamentais:

  • Persoas co título de Grao en Enxeñaría Informática e que desexen continuar os estudos para obter unha titulación de segundo ciclo.
  • Alumnado con títulos LRU relacionados coa informática (enxeñeiro/a técnico en Informática, diplomado/a en Informática, enxeñeiro/a en Informática ou licenciado/a en Informática) e que desexa transformar o seu título para adaptar o seu currículo á nova estrutura de formación definida polo espazo superior de educación europeo.
     

Obxectivos xerais da titulación

  • Capacidade para proxectar, calcular e deseñar produtos, procesos e instalacións en todas as áreas da enxeñaría informática.
  • Capacidade para xestionar a construción e instalación de sistemas informáticos, cumprindo a normativa vixente e garantindo a calidade do servizo.
  • Capacidade para dirixir, planificar e supervisar equipos multidisciplinares.
  • Capacidade para a modelización matemática, o cálculo e a simulación en centros tecnolóxicos e de enxeñaría de empresas, particularmente en tarefas de investigación, desenvolvemento e innovación en todas as áreas relacionadas coa enxeñaría informática.
  • Capacidade para desenvolver, planificar estratexicamente, dirixir, coordinar e xestionar proxectos técnicos e económicos en todas as áreas da enxeñaría informática seguindo criterios de calidade e ambientais.
  • Capacidade para a dirección xeral, a dirección técnica e a xestión de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación, en empresas e centros tecnolóxicos, no ámbito da enxeñaría informática.
  • Capacidade para poñer en marcha, dirixir e xestionar procesos de fabricación de equipos informáticos, garantindo a seguridade das persoas e os bens, a calidade final dos produtos e a súa homologación.
  • Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornas novas ou descoñecidas dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares, sendo capaz de integrar estes coñecementos.
  • Capacidade para comprender e aplicar a responsabilidade ética, a lexislación e a deontoloxía profesional da actividade da profesión de enxeñeiro/a en informática.
  • Capacidade para aplicar os principios da economía e da xestión de recursos humanos e proxectos, así como a lexislación, a regulación e a estandarización das tecnoloxías da información.
     

Plan de estudos

Saídas profesionais

Profesión para as que capacita o título: enxeñeiro/a informático

Nota: a profesión non conta con atribucións profesionais, pero si existe un marco legal de referencia sobre a profesión (Resolución do 8 de xuño de 2009, da Secretaría Xeral de Universidades, pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Universidades, polo que se establecen recomendacións para a proposta polas universidades de memorias de solicitude de títulos oficiais nos ámbitos da enxeñaría informática, enxeñaría técnica informática e enxeñaría química.  BOE-A-2009-12977).
 

Preinscrición e matrícula

Contacto

Coordinación do título

Analia Maria Garcia Lourenço