Máster Universitario en Enxeñería Aeronáutica
Características
O Mestrado en enxeñaría aeronáutica é un título oficial que habilita para o exercicio da profesión de enxeñeiro/a aeronáutico, de acordo coa Orde CIN/312/2009, do 9 de febreiro (BOE do 18 de febreiro de 2009). Trátase dun programa único dentro do sistema universitario galego e ofrécese en colaboración coa Xunta de Galicia.
Acceso e admisión
As prazas ofertadas terán prioridade para o estudantado que proceda dun título que habilite para o exercicio da profesión de enxeñeiro/a técnico aeronáutico de acordo coa Orde CIN/308/2009. A selección das persoas solicitantes levarase a cabo pola comisión académica do mestrado en función do expediente académico do estudantado e a nota media alcanzada.
Obxectivos xerais da titulación
- Capacidade para deseñar, calcular, inspeccionar, certificar e manter sistemas e vehículos no campo da enxeñaría aeroespacial.
- Capacidade para planificar, deseñar, controlar, manter e operar infraestruturas aeronáuticas.
- Capacidade para coordinar proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación no sector aeroespacial.
- Capacidade para integrar sistemas aeronáuticos complexos e equipos de traballo multidisciplinares.
- Capacidade para analizar e corrixir o impacto ambiental e social das solucións técnicas para calquera sistema aeroespacial.
- Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares, sendo capaz de integrar coñecementos.
- Coñecemento, comprensión e capacidade para usar ferramentas informáticas relacionadas co campo de estudo.
- Capacidades de xestión da información, incluída a capacidade de recuperar e analizar información de diversas fontes.
- Competencia en todas as áreas relacionadas coas tecnoloxías aeroportuarias, aeronáuticas ou espaciais que, pola súa natureza, non sexan exclusivas doutras ramas da enxeñaría.
- Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de enxeñeiro/a aeronáutico.




