Máster Universitario en Fabricación Aditiva

Enxeñaría e Arquitectura
Campus de Vigo

Características

Modalidade
Presencial
Créditos ECTS totais
60
Número de cursos
1
Prazas
10
Código:
V04M196V01

O Mestrado en fabricación aditiva é un programa conxunto e presencial desenvolvido pola Universidade da Coruña, como coordinadora, e a Universidade de Vigo. Está incluído na Guía G2030 de perfís profesionais do tuturo e novas titulacións e especializacións e forma parte do catálogo de perfís consensuado co tecido socioeconómico da rexión e avaliado mediante un proceso participativo intensivo e unha análise de referencia. Esta análise, desenvolvida no marco do proxecto G2030, tivo como obxectivo identificar as titulacións que compren con éxito as competencias clave dos postos do catálogo de perfís profesionais do futuro que actualmente non están cubertos polo sistema universitario galego (SUG).

Acceso e admisión

As persoas que desexen ser admitidas deberán estar preferentemente en posesión dun título dos seguintes ámbitos:

Ámbito industrial
- Grao en Enxeñaría Mecánica
- Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automatización
- Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías Industriais
- Grao en Enxeñaría Eléctrica
- Grao en Química Industrial
- Grao en Enxeñaría de Organización Industrial
- Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produtos

Ámbito da enxeñaría biomédica

Ámbito da enxeñaría mineira e enerxética

Outras titulacións
A comisión académica do mestrado (CAM) estudará a idoneidade doutras titulacións afíns pertencentes ao ámbito científico-tecnolóxico que non estean incluídas na listaxe anterior.

Os criterios de admisión basearanse nos seguintes aspectos:
- Adaptación da cualificación de acceso aos contidos do programa de mestrado.
- Expediente académico.

Establécense os seguintes criterios de admisión:
- Cualificación de acceso (entre 0 e 2 puntos), segundo a adecuación da cualificación de acceso aos obxectivos e contidos do programa de mestrado.
- Expediente académico da titulación de acceso (entre 0 e 1 punto).

O sistema de puntuación establecido xera unha ordenación onde cada criterio se prefire de maneira xerárquica. As solicitudes ordenaranse segundo a puntuación obtida e o alumnado será admitido ata que se cubran todas as prazas dispoñibles.
 

Plan de estudos

- Comprender os principios básicos da fabricación aditiva (AM) analizando as súas vantaxes e desvantaxes.
- Comprender os diferentes tipos de procesos de fabricación aditiva (AM) dispoñibles, así como as súas vantaxes e desvantaxes. 
- Comprender os diferentes materiais e as súas propiedades empregados para producir compoñentes mediante o proceso AM. 
- Comprender como poden producirse problemas e defectos nos compoñentes producidos polos procesos desenvolvidos na fabricación aditiva (AM), así como as medidas preventivas.
- Comprender as técnicas de acabado empregadas para as diversas técnicas AM.
- Familiarizarse co uso de ferramentas de deseño CAD en relación coa fabricación/deseño de produtos. 
- Comprender como a posición e a orientación afectan as propiedades do compoñente.
- Aprender sobre a aplicación de novas tecnoloxías de fabricación orientadas á industria intelixente. 
- Comprender os beneficios da fabricación aditiva para o deseño e a fabricación de novos produtos e prototipos.

Preinscripción y matrícula

Contacto

Coordinación do título

Alejandro Pereira Domínguez