Máster Universitario en Internet das Cousas - IoT

Enxeñaría e Arquitectura
Campus de Vigo

Características

Modalidade
Presencial
Créditos ECTS totais
60
Número de cursos
1
Prazas
10
Código:
V05M200V01

O Mestrado en internet das cousas ofrece unha visión completa do campo da IoT e unha especialización que actualmente non está dispoñible dentro do sistema universitario galego (SUG). Por exemplo, o Grao en Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo (UVigo) e os títulos de grao e mestrado en Enxeñaría Informática que ofrecen a Universidade da Coruña (UDC) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC)  inclúen conceptos básicos que require unha persoa experta en IoT, pero non afondan neles. Do mesmo xeito, outros mestradoes existentes dentro do SUG, como os de Enxeñaría de telecomunicación, Ciberseguridade e informática industrial e Robótica, tamén carecen de formación especializada.

Esta titulación proporciónalle ao estudantado os coñecementos necesarios para deseñar, configurar, integrar e manter sistemas de interconexión dixital para obxectos e persoas que operan de forma autónoma e intelixente, xerando información útil para a toma de decisións. O programa afonda en áreas como os sistemas integrados e dispositivos IoT, as arquitecturas de IoT, as telecomunicacións, a programación e o procesamento e análise de datos.
 

Acceso e admisión

No caso do alumnado que solicite a súa admisión e posúa un título diferente, valorarase a súa admisión en función de que poida xustificar que os seus estudos previos conducisen á adquisición dos coñecementos correspondentes ao perfil xenérico dun titulado nun grao relacionado co ámbito das TIC, do cal se espera que teña coñecementos de programación, deseño de algoritmos, redes de computadores, protocolos básicos de comunicación entre dispositivos, circuítos electrónicos, así como coñecementos de estatística. Para iso, o alumnado deberá achegar na súa solicitude, alén do seu currículum vítae, o título de grao que posúa, así como o detalle do plan de estudos cursado no que apareza a carga docente de cada unha das materias e a ficha descritiva daquelas que fosen relevantes para a xustificación de adquirir os coñecementos correspondentes ao perfil xenérico descrito no parágrafo anterior. Achegará tamén a súa experiencia laboral relacionada coa IoT, de ser o caso.

O baremo con que se avaliarán as solicitudes de ingreso basearase nos seguintes aspectos:
- Expediente académico: ata o 70 % da nota. Para o alumnado procedente de titulacións diferentes das preferentes, o seu expediente académico será dividido entre 2.
- Experiencia investigadora: ata o 30 % da nota.
- Experiencia laboral: ata o 30 % da nota.
- Outros méritos: relacionados co ámbito de IoT: ata 10% da nota.

As porcentaxes concretas asociadas ao baremo para cada curso académico serán establecidas e publicadas con anterioridade ao comezo dos períodos de preinscrición e matrícula.
 

Perfil de ingreso recomendado

O perfil recomendado para cursar o mestrado é o de titulado/a de grao ou mestrado dunha temática directamente relacionada coas TIC ou coa electrónica, preferentemente Enxeñaría de Telecomunicación, Enxeñaría Informática e Enxeñaría Industrial. A titulación facilita a incorporación tanto de novos egresados/as como de profesionais do sector con experiencia que desexen focalizar a súa carreira profesional no ámbito de IoT. Neste último caso, facilítase a matrícula a tempo parcial para permitir compatibilizar os estudos do máster coa vida laboral.

Plan de estudos

O programa de mestrado pon especial énfase na aplicación da seguridade en toda a cadea de valor da IoT e abrangue tamén outras áreas clave no desenvolvemento desta tecnoloxía, como a computación na nube ou o procesamento masivo de datos.

Para tratar os problemas e solucións específicos dos principais dominios de aplicación, onde a IoT se sitúa como a tecnoloxía facilitadora máis importante, definíronse tres especialidades :
- IIoT : esta especialidade examina aspectos como as fábricas intelixentes, a industria 4.0 ou a IoT verde, ademais de contidos específicos sobre aplicacións de procesamento de vídeo ou procesamento de datos masivos (big data) no ámbito industrial.
- Sociedade 5.0: esta especialidade afonda en diversos dominios de aplicación da chamada sociedade 5.0, como o uso de sistemas IoT para a saúde (Smart Health), para cidades intelixentes (Smart Cities ), edificios e fogares intelixentes, ademais de contidos específicos sobre despregamento de redes, aplicacións de procesamento de vídeo ou o tratamento de datos masivos nestes dominios.
- Vehículos conectados: esta especialización abrangue todos os aspectos relacionados co uso de sistemas de IoT para vehículos conectados.

En concreto, trata a aplicación dos fundamentos da IoT a coches conectados, vehículos aéreos non tripulados (UAV) e sistemas de transporte intelixentes (ITS), ademais de contidos específicos relacionados co despregamento de redes IoT , aplicacións de procesamento de vídeo ou o procesamento de datos masivos no campo específico do vehículo conectado.
 

Saídas Profesionáis

As persoas egresadas están preparadas para o deseño, configuración, integración e adaptación de sistemas IoT aplicables a múltiples campos, ao ser a IoT de aplicación transversal en innumerables ámbitos.

De forma máis concreta, poderán desempeñar o seu traballo como:
- Desenvolvedor/a de sistemas, servizos e aplicacións baseados en IoT
- Experto/a en domótica
- Xestor/a de proxectos de tecnoloxías de última xeración
- Desenvolvedor/a de estratexias IoT
- Consultor/a IoT
- Analista de datos especializados en IoT
- Experto/a en ciberseguridade para IoT
- Investigador/a en IoT
- Arquitecto/a de solucións IoT

Ademais, as tres especialidades propostas permitirán gañar profundidade nunha das tres áreas fundamentais para a sociedade moderna actual, formando expertos/as en:

- Sociedade 5.0: expertos/as na aplicación das tecnoloxías IoT a ámbitos como a saúde, as cidades intelixentes ou os edificios e fogares intelixentes
- IIoT: desenvolvedores/as expertos nas tecnoloxías IoT para a industria 4.0/5.0, incluíndo a integración de sistemas IIoT, o desenvolvemento de xemelgos dixitais para plantas industriais ou a creación de sistemas IoT enerxeticamente eficientes.
- Vehículo conectado: expertos/as en tecnoloxías IoT aplicables a vehículos conectados, a sistemas de transporte intelixentes ou a sistemas aéreos non tripulados
 

Preinscripción y matrícula

Contacto

Coordinación do título

José Carlos López Ardao