Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos

Ciencias Sociais e Xurídicas
Campus de Ourense

Características

Modalidade
Presencial
Créditos ECTS totais
60
Número de cursos
1
Prazas
32
Código
O05M138V01

Convivir coa diversidade e, sobre todo, aprender dela e con ela é un requisito necesario para o desenvolvemento harmónico das sociedades actuais.

Este mestrado xorde da constatación de que nos ámbitos educativos está presente esa diversidade. Nin as institucións nin os profesionais que nelas exercen poden ignorar tal situación e as necesidades específicas que xorden dela; deben atender as novas esixencias reclamadas dende unha realidade moi complexa que require ao tempo igualdade de oportunidades, compensación das desigualdades e dereito á diferenza.
 

Acceso e admisión

A selección realizarase por expediente académico, dentro dos diferentes grupos:

  • 22 prazas para graduados/as en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Social, Traballo Social, Pedagoxía ou Psicoloxía, así como para titulados/as en estudos universitarios extinguidos equivalentes.
  • 6 prazas para quen posúa outros títulos universitarios oficiais españois ou calquera outra titulación oficial equivalente. De non cubrirse as prazas deste último grupo acumularanse ao colectivo anterior.
  • 2 prazas para estudantado estranxeiro do EEES, con estudos relacionados coa educación ou a intervención social ou socioeducativa. Deberán posuír dominio oral e escrito aceptable do español, galego ou portugués. No caso de non ser cubertas estas prazas poderán ser acumuladas ao primeiro grupo.
  • 2 prazas para estudantado estranxeiro alleo ao EEES, cos requisitos mencionados no grupo anterior.
     

Perfil de ingreso recomendado

O perfil idóneo de ingreso para o estudantado do mestrado é o de persoas con intereses transversais especialmente vinculadas coas relacións interpersoais:

  • Interesarse polo desenvolvemento humano e comunitario.
  • Saber traballar en grupo, en equipos multidisciplinares e en contextos de diversidade.
  • Posuír capacidade crítica, autocrítica e compromiso ético.
  • Interesarse pola formación democrática e solidaria e a resolución de conflitos.

Ao mesmo tempo e, dado o carácter de intervención do mestrado, o estudantado deberá ser capaz de asumir situacións de risco, ser creativo, e ser capaz de deseñar e avaliar programas de intervención educativa.
 

Obxectivos xerais da titulación

  • Adquirir coñecementos avanzados e demostrado, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e ben fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo nun ou máis campos de estudo.
  • Saber aplicar e integrar os seus coñecementos, a súa comprensión, a súa base científica e as súas capacidades de resolución de problemas en contornas novas e imprecisas, incluíndo contextos multidisciplinares tanto de investigadores como de profesionais altamente especializados.
  • Saber avaliar e seleccionar a teoría científica axeitada e a metodoloxía precisa dos seus campos de estudo para formular xuízos baseados en información incompleta ou limitada, incluíndo, cando sexa necesario e relevante, unha reflexión sobre a responsabilidade social ou ética vinculada á solución proposta en cada caso.
  • Ser capaz de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de metodoloxías de traballo novas e innovadoras adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional específico, xeralmente multidisciplinar, no que se desenvolve a súa actividade.
  • Ser capaz de transmitir de forma clara e inequívoca a un público especializado ou non especializado os resultados da investigación científica e tecnolóxica ou do campo da innovación máis avanzada, así como os fundamentos máis relevantes nos que se basean.
  • Desenvolver a autonomía suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas dentro do seu campo temático, en contextos interdisciplinares e, se é o caso, cun alto compoñente de transferencia de coñecemento.
  • Ser capaz de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e especialización nun ou máis campos de estudo.
  • Ampliando a formación dende estudos de primeiro ciclo, relacionada tanto cos campos conceptuais da diversidade en contextos educativos formais e non formais, como sendo capaz de ofrecer novas iniciativas na resolución de problemas, nas que a fundamentación teórica sexa tan importante como o grao de orixinalidade e adaptación a contextos específicos.
  • Unha formación multidisciplinar, pedagóxica, didáctica, psicolóxica e sociocultural , sendo capaz de integrar coñecementos e aplicalos na resolución de problemas en contextos pouco coñecidos ou totalmente novos relacionados coa materia do mestrado.
  • Ser capaz de integrar a formación teórica e a práctica para emitir xuízos de valor ante situacións complexas e ambiguas de diversidade individual e cultural, e para as que se dispón de información limitada.
  • Ser conscientes das implicacións persoais e sociais que poden derivarse das nosas decisións, especialmente ao tratar con grupos que poden sufrir algún tipo de marxinalización causada pola súa diferenza.
  • Comunicar de forma clara e eficaz as conclusións extraídas de estudos ou decisións tomadas como profesionais, tanto a públicos especializados como, especialmente, a públicos máis relacionados co mundo laboral (outros compañeiros, xestores administrativos, etc.) e aos usuarios dos servizos educativos e sociais aos que se dirixen.
  • Desenvolver un proceso de formación continua, en liña coa aprendizaxe ao longo da vida, unha vez adquiridas as competencias relacionadas coa autonomía e a autoaprendizaxe.
     

Plan de estudos

Preinscrición e matrícula

Contacto

Coordinación do título

Rubén González Rodríguez