Máster Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde
Características
Acceso e admisión
As solicitudes de admisión serán valoradas pola comisión académica seguindo os seguintes criterios (inclúe as porcentaxes de ponderación):
- Expediente académico (30 %, para o alumnado de titulacións non preferentes 50 %).
- Outros méritos académicos e de formación: cursos de posgrao, outras titulacións, asistencia a cursos, congresos… (20 %)
- Actividade investigadora: bolsas de investigación, participación en contratos ou liñas de investigación... (10 %)
- Publicacións: libros, capítulos de libro, artigos, comunicacións a congresos de carácter científico no ámbito clasificadas en función do ámbito internacional, nacional, local (20 %).
- Experiencia profesional: actividade profesional no ámbito (10 %).
- Outros méritos: idiomas, etc (5 %)
- Entrevista persoal, se fose necesaria, como complemento ao perfil da persoa aspirante, para valorar as actitudes e coñecementos previos orientados á investigación (5 %)
Perfil de ingreso recomendado
Os títulos de grao e mestrado preferentes os seguintes:
- Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
- Licenciatura en Medicina
- Diplomatura ou Grao en Fisioterapia
- Diplomatura ou Grao en Educación Primaria, Educación Infantil, Educación Física, Educación Musical, Educación Especial e Lingua Estranxeira
- Licenciatura en Psicoloxía Educativa
- Licenciatura en Psicoloxía
Obxectivos xerais da titulación
- Ser capaz de diferenciar e de seleccionar os paradigmas, o marco epistemolóxico e a metodoloxía científica de referencia no deseño de estudos no campo da actividade física, a saúde e o deporte.
- Desenvolver a capacidade de pensamento científico ao tratar a investigación no campo da actividade física, a saúde e o deporte.
- Ser capaz de analizar e de comprender as diversas teorías e o estado da cuestión no campo da actividade física, a saúde e o deporte.
- Demostrar actitudes vinculadas a hábitos de excelencia, compromiso ético e calidade na práctica investigadora no campo da actividade física, a saúde e o deporte.
- Coñecer e dominar os procedementos e ferramentas de busca de información, tanto en fontes primarias como secundarias nas ciencias da actividade física e o deporte.
- Ser capaz de analizar, organizar, seleccionar, clasificar e recompilar a información recollida no ámbito da actividade física, a saúde e o deporte.
- Valorar, xestionar e combinar as diferentes técnicas de investigación nas ciencias da actividade física, o deporte e a saúde.
- Analizar criticamente as opcións metodolóxicas presentadas no ámbito da actividade física, a saúde e o deporte.
- Ser capaz de deseñar e implementar un proxecto de investigación nas ciencias da actividade física e o deporte.
- Manexar paquetes informáticos para a introdución e análise de datos recollidos no ámbito da actividade física, a saúde e o deporte.
- Ser capaz de seleccionar correctamente os modelos de análise de datos axeitados para os deseños de investigación máis empregados no campo da actividade física, a saúde e o deporte.
- Coñecer e empregar eficazmente os procedementos necesarios para realizar a limpeza inicial e a análise descritiva dos datos.
- Executar as técnicas de análise estatística máis empregadas na investigación no campo da actividade física, a saúde e o deporte.
- Planificar, escribir e presentar verbalmente un traballo de investigación na área das ciencias da actividade física e o deporte.
- Redactar informes de investigación con linguaxe científica precisa e axeitada nas Ciencias da Actividade Física e o Deporte.
- Ser capaz de incorporar novas tecnoloxías e integrar coñecementos doutros campos profesionais e científicos.
- Ser capaz de participar en proxectos de investigación no campo da actividade física, a saúde e o deporte.
- Desenvolver eficazmente tarefas relacionadas co deseño, a posta en marcha, a análise e a publicación de traballos relacionados co estudo do exercicio e a condición física nos ámbitos do rendemento e a saúde.
- Desenvolver eficazmente tarefas relacionadas co deseño, implementación, análise e publicación de estudos realizados no campo da aprendizaxe e o control motor.
- Desenvolver eficazmente tarefas relacionadas co deseño, implementación, análise e publicación de estudos realizados no campo da investigación en Educación Física, actividade física e deporte.
- Desenvolver eficazmente tarefas relacionadas co deseño, implementación, análise e publicación de estudos realizados no campo da análise do rendemento deportivo.
- Desenvolver eficazmente tarefas relacionadas co deseño, a implementación, a análise e a publicación de estudos realizados no ámbito das actividades acuáticas e o salvamento.




