Máster Universitario en Literatura Dramática, Música e Artes Escénicas
Características
Este mestrado ofrece unha formación especializada e interdisciplinar no ámbito da literatura dramática, da música e das artes escénicas, cunha combinación equilibrada de contidos teóricos, críticos e prácticos. O plan de estudos trata cuestións relacionadas coa investigación nas ciencias humanas e sociais, as correntes contemporáneas da escena, a dirección e a xestión artísticas, así como as relacións entre distintas artes, como o teatro, o cinema, a poesía e a música. O programa inclúe o estudo do teatro musical e do patrimonio das músicas de tradición oral.
Acceso e admisión
- Posuír un título universitario oficial , preferentemente relacionado con filoloxía , estudos literarios, música, artes escénicas, educación ou titulacións afíns. O mestrado está aberto a todo tipo de titulacións .
- Expediente académico.
- Avaliación da adecuación da formación previa ao contido do programa de mestrado.
- Consideración da experiencia académica ou profesional.
Perfil de ingreso recomendado
Persoas tituladas en áreas como Filoloxía, Estudos Literarios, Educación, Dramaturxia, Música ou disciplinas afíns. O mestrado constitúe unha vía adecuada tanto para a especialización profesional como para o acceso a estudos de doutoramento. Persoas que desenvolven traxectorias profesionais no ámbito da creación escénica, da investigación, da crítica teatral e musical, da docencia e da xestión cultural.
Obxectivos xerais da titulación
- Proporcionar formación avanzada e interdisciplinar en literatura dramática, música e artes escénicas.
- Desenvolver competencias para a análise crítica, a investigación e a creación no ámbito escénico.
- Afondar no coñecemento histórico e contemporáneo das artes escénicas e das súas relacións con outras artes.
- Capacitar para a práctica profesional, a xestión cultural e o acceso a estudos de doutoramento.
Plan de estudos
Saídas profesionais
- Creación e produción escénica e musical
- Investigación académica e acceso a estudos de doutoramento
- Crítica teatral, musical e cultural
- Docencia en ámbitos artísticos, culturais e educativos
- Xestión cultural e programación de actividades escénicas




