Máster Universitario en Necesidades Específicas de Apoio Educativo

Ciencias Sociais e Xurídicas
Campus de Pontevedra

Características

Modalidade
Presencial
Créditos ECTS totais
60
Número de cursos
1
Prazas
30
Código
P02M081V02

Este mestrado supón unha vía de especialización e profesionalización para as persoas tituladas superiores que pretenden adicarse ao amplo campo da atención ás necesidades educativas específicas. A formación que se ofrece permite ampliar e profundar coñecementos, estratexias e actitudes no campo da educación e o deporte xa que, sen renunciar aos compoñentes teórico-conceptuais, a formación centrase fundamentalmente nos aspectos tecnolóxico-instrumentais e técnico-prácticos.

Cabe destacar que segundo os criterios fixados pola Comisión autonómica de habilitacións de Galicia, o título oficial de Mestrado en necesidades específicas de apoio educativo (artigo 6.2.a.3º do RD 476/2013) habilita para impartir docencia na especialidade de Pedagoxía terapéutica nos centros privados aos posuidores dos títulos de Grao de Educación Primaria, mestre/a, diplomado/a EXB ou mestre/a de primeiro ensino sen mención ou especialidade.
 

Acceso e admisión

Para cubrir as 30 prazas dispoñibles, establécense as seguintes cotas por orde de preferencia dentro de cada cota:

  • Graduados/as en Educación Primaria e Educación Infantil (10 prazas)
  • Profesorado especialista en Educación especial, Audición e linguaxe, Educación infantil, Educación primaria, Linguas estranxeiras e Educación musical (5 prazas)
  • Graduados/as en Psicopedagoxía, Psicoloxía e Pedagoxía (4 prazas)
  • Graduados/as en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e Profesores en Educación física (4 prazas)
  • Profesorado de educación secundaria, primaria e infantil en activo e xerentes de centros ou entidades dedicadas á atención de persoas con discapacidade (3 prazas)
  • Estranxeiros de fóra do EEES cunha titulación equivalente a Psicoloxía ou Psicopedagoxía (2 prazas)
  • Persoas con discapacidade (2 prazas)

Calquera praza vacante nunha cota poderá ser cuberta por solicitantes doutras cotas segundo a orde anterior.

Requisitos específicos de admisión ou criterios de avaliación 

Nota media do expediente académico para:

  • Graduados/as en Psicopedagoxía, Psicoloxía, Pedagoxía, licenciados/as en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, profesores especialistas en Educación especial, Audición e linguaxe, Educación física, Educación musical, Linguas estranxeiras, Educación infantil e primaria. 
  • Así como para estranxeiros/as de fóra do EEES cunha titulación equivalente a Psicoloxía ou Psicopedagoxía.

Independentemente dos requisitos de acceso, os anos de servizo para:

  • Profesorado de educación secundaria, primaria e infantil en activo e xerentes de centros ou entidades dedicadas á atención de persoas con discapacidade.

Obxectivos xerais da titulación

Obxectivos xerais

  • Adquirir unha formación avanzada e multidisciplinar, orientada á especialización profesional na intervención nas dificultades de aprendizaxe específicas, as debidas ao contexto socio-cultural e as derivadas dos trastornos do desenvolvemento.
  • Capacitar para a promoción da mellora da resposta educativa en cooperación con outros profesionais co obxectivo de mellorar a calidade de vida do alumnado mantendo un claro compromiso social e ético.

Obxectivos específicos

  • Coñecer as características do desenvolvemento e aprendizaxe correspondente ás diversas etapas educativas.
  • Coñecer os fundamentos biolóxicos, psicolóxicos, pedagóxicos, sociais e lingüísticos das diferentes necesidades educativas específicas.
  • Ser capaz de elaborar e deseñar diferentes sistemas de análises e avaliación de necesidades educativas específicas.
  • Sintetizar diversas estratexias para adaptar o ensino ás necesidades educativas especiais.
  • Avaliar os recursos técnicos que contribúan a mellorar as condicións de aprendizaxe, a calidade de vida e a inserción laboral.
  • Aplicar técnicas de organización dos centros escolares para a atención ás necesidades educativas específicas.
  • Saber transmitir adecuadamente tanto en contextos académicos como á sociedade no seu conxunto os achados atopados, así como os coñecementos, xuízos e argumentacións nos que se sustentan.
     

Plan de estudos

Saídas profesionais

O mestrado preséntase como unha opción de especialización profesional nas necesidades específicas de apoio educativo centrada nos ámbitos de intervención da atención temperá,  nas altas capacidades, discapacidade visual, discapacidade  auditiva, discapacidade  motriz, discapacidade  cognitiva, TGD, dificultades de aprendizaxe etc. que poden desenvolverse en postos de traballo en centros educativos de educación infantil, primaria ou secundaria, equipos especializados, centros específicos, asociacións ou empresas de diversos sectores profesionais.

Preinscrición e matrícula

Contacto

Coordinación do título

Maria Angeles Conde Rodriguez