Máster Universitario en Neurociencia
Características
Trátase dun mestrado dirixido principalmente a proporcionar unha formación científica profunda que lle permita ao estudantado cursar un doutoramento e desenvolver a súa tese doutoral en calquera campo da neurociencia (investigación básica ou clínica) no futuro.
Acceso e admisión
Titulacións preferentes:
a) Bioloxía, Farmacia, Medicina, Psicoloxía e Veterinaria.
b) Odontoloxía, Enfermaría, Fisioterapia, Logopedia, Podoloxía e Terapia Ocupacional.
c) Biotecnoloxía, Física, Química, Matemáticas, Ciencias do Mar, Técnicas Estatísticas, Estatística, Nutrición Humana e Dietética, Óptica e Optometría.
Titulacións non preferentes
- Outras titulacións.
O alumnado só será seleccionado se o número de solicitudes supera o número de prazas ofertadas. Neste caso, utilizarase o expediente académico e o currículo.
Perfil de ingreso recomendado
Persoas graduadas, licenciadas e diplomadas no campo das ciencias experimentais e da saúde: Bioloxía, Medicina, Veterinaria, Farmacia, Física, Psicoloxía, Ciencias Mariñas, Fisioterapia, Enfermaría, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, etc.
Plan de estudos
Formar investigadores/as que contribúan á resolución das numerosas enfermidades relacionadas co sistema nervioso. Trátase dun programa interdisciplinario que inclúe unha especialización básica e unha clínica. A especialización básica céntrase na comprensión do funcionamento do sistema nervioso e a especialización clínica céntrase na investigación de patoloxías do sistema nervioso, como a enfermidade de Parkinson e a enfermidade de Alzheimer, entre outras.




