Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino en Idiomas. Linguas Estranxeiras
Características
Titulación oficial que habilita para o exercicio das profesións de profesor/a de educación obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas. O obxectivo principal é que o alumnado se familiarice cos contidos das materias relacionadas coa súa especialización docente, así como cos procesos de ensino e de aprendizaxe correspondentes.
Acceso e admisión
- Titulación de acceso relacionada coa especialidade.
- Curriculum vitae en aspectos relacionados coa temática do mestrado.
- Resto do curriculum vitae (experiencia profesional, bolsas obtidas, cursos etc.).
Ademais, calquera persoa que desexe acceder a este mestrado debe cumprir o seguinte perfil de ingreso:
- Inclinación vocacional expresada no interese por comprender e facilitar a resolución das problemáticas nos procesos de ensino-aprendizaxe do ser humano, no seu ámbito pedagóxico e de interacción social.
- Disposición e motivación para a aprendizaxe de todos os contidos que se lle presenten neste mestrado e responsabilidade no seu propio proceso de aprendizaxe.
- Capacidade de reflexión e de facer achegas propias a todos aqueles procesos pedagóxicos, sociais, culturais, políticos que repercuten no campo do ensino.
- Compromiso en querer adquirir a máis alta formación e capacitación no desenvolvemento deste mestrado.
- Motivación para participar en todas aquelas accións que se lle propoñan tanto desde a estrutura interna dos estudos de mestrado como desde a universidade.
- Habilidades de comunicación e interrelación persoal.
- Compromiso social cara ao respecto, a tolerancia e a empatía.
Perfil de ingreso recomendado
Persoas tituladas universitarias en temas afíns á especialidade que se desexa cursar. No caso de que a titulación que posúa o estudantado non coincida coa especialidade que desexa cursar, deberá superar un exame ou unha proba de acceso.




