Máster Universitario en Sistemas Aéreos non Tripulados

Enxeñaría e Arquitectura
Campus de Ourense

Características

Modalidade
Presencial
Créditos ECTS totais
60
Número de cursos
1
Prazas
12
Código
O07M189V01

O Mestrado en sistemas aéreos non tripulados, impartido conxuntamente polas universidades de Santiago de Compostela e de Vigo e coa colaboración da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, é un dos poucos mestrados universitarios oficiais que existen neste campo no noso país. Trátase dun título oficial moi valorado no ámbito profesional e recoñecido en convocatorias públicas de bolsas e oposicións. Ademais, permite acceder aos programas de doutoramento, realizar a tese doutoral ou investigar neste campo de alta especialización. 

O novo deseño do título integra os contidos necesarios para cubrir as necesidades formativas que un piloto de UAS requirirá para superar os exames oficiais das categorías A1, A2 e A3.
 

Acceso e admisión

A comisión académica avaliará a idoneidade das persoas candidatas preinscritas empregando o seguinte baremo:

  • Preferencia das titulacións do perfil de ingreso recomendado
  • Nota media de expediente académico de titulación de acceso (80 %)
  • Experiencia profesional acreditada no sector (20 %)
     

Perfil de ingreso recomendado

Persoas tituladas universitarias en disciplinas científicas ou tecnolóxicas que desexen orientar a súa carreira profesional cara a empresas ou administracións públicas con interese nos sistemas aéreos non tripulados. Os ámbitos de interese deste colectivo poderán dirixirse cara á operación e á enxeñaría de sistemas. Tendo isto en conta, considéranse perfil de ingreso recomendado a este mestrado as persoas graduadas nas seguintes titulacións do SUG:

Especialidade: Enxeñaría de sistemas aéreos non tripulados (UVigo)

  • Graduado/a en Enxeñaría Aeroespacial
  • Graduado/a en Enxeñaría Industrial
  • Graduado/a en Enxeñaría en Tecnoloxías da Telecomunicación
  • Graduado/a en Enxeñaría Informática
  • Graduado/a en Física
  • Graduado/a en Matemáticas
  • Graduado/a en Enxeñaría da Enerxía

Especialidade: Aplicacións na xestión dos recursos da terra (USC)

  • Graduado/a en Enxeñaría Forestal
  • Graduado/a en Enxeñaría Agrícola
  • Graduado/a en Enxeñaría Xeomática e Topografía
  • Graduado/a en Enxeñaría Civil
  • Graduado/a en Enxeñaría de Minas

Obxectivos xerais da titulación

A importante demanda potencial e o interese social xerados pola aplicación de sistemas aéreos non tripulados (UAS) aos procesos existentes en varios sectores están a permitir que as empresas creen novos modelos de negocio. Cada industria ten necesidades diferentes e, en consecuencia, require diversas solucións baseadas en UAS.

En concreto, os sistemas de a bordo non tripulados poden contribuír a estes sectores en operacións como a vixilancia da construción, a inspección de infraestruturas, a loxística da última milla e a loxística in situ en fábricas, o fornecemento de datos xeoespaciais para a avaliación de riscos por parte das aseguradoras, a fotografía e o vídeo aéreos profesionais, a inspección de antenas de telecomunicacións, as operacións en redes eléctricas, os servizos de internet en zonas remotas, a vixilancia de cultivos, a dispersión de pesticidas, a vixilancia, a xestión de operacións mineiras, a xestión forestal, a xestión do espazo mariño etc.
 

Plan de estudos

Preinscrición e matrícula

Contacto

Coordinación do título

Fernando Veiga López