Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral

Ciencias Sociais e Xurídicas
Campus de Vigo

Características

Modalidade
Presencial
Créditos ECTS totais
60
Número de cursos
1
Prazas
30
Código
V08M104V01

Este mestrado responde a necesidade de especializar a formación universitaria que recibe un número significativo de titulados e tituladas en estudos sociais e xurídicos, como Relacións Laborais, Dereito, Administración de Empresas e Economía, de cara á súa futura incorporación ao mercado laboral. 

A titulación foi posta en marcha no ano 2006 polas tres universidades do sistema universitario galego (USC, UDC e UVigo) e impártese desde o curso 2007/2008. Posteriormente, dende a publicación do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se procede á ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, o mestrado foi verificado polo Consello de Universidades e cada universidade imparte unha das tres especialidades nas que o mestrado se estrutura:

  • Universidade de Vigo: Dirección laboral de empresas
  • Universidade de Santiago de Compostela: Xestión sociolaboral
  • Universidade da Coruña: Recursos humanos

Acceso e admisión

Titulacións preferentes son:

  • Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
  • Diplomatura en Relacións Laborais
  • Diplomatura en Graduado Social
  • Titulación en Ciencias do Traballo

Titulacións non preferentes:

  • Titulacións da Área de Ciencias Sociais e Xurídicas

Os criterios de selección fixados pola comisión do mestrado inclúen a valoración do expediente académico.

Perfil de ingreso recomendado

Este mestrado está destinado principalmente a aquelas persoas que queiran especializarse no ámbito das relacións laborais e dos recursos humanos da empresa, a mediación e a auditoría sociolaboral. Trátase dun postgrao multidisciplicar no que se  tratan materias correspondentes ao ámbito das relacións laborais.
 

Obxectivos xerais da titulación

Preparar profesionais altamente cualificados para a xestión de recursos humanos, a mediación e a auditoría laboral, e para todo o relacionado coa seguridade social. O obxectivo é mellorar a profesionalidade das persoas con títulos ou titulacións relacionados coas relacións laborais.

O Mestrado en xestión e dirección laboral mellorará a formación económica das persoas tituladas, a través dun programa multidisciplinar que aborda temas relacionados co campo das relacións laborais.

Plan de estudos

Saídas profesionais

Convén ter en conta que as potencialidades do mercado de traballo de absorber profesionais dos recursos humanos, das relacións laborais, do asesoramento legal nestas materias e da seguridade social son grandes. De feito, vén de longo a demanda das persoas tituladas en ciclo medio, graduadas sociais e diplomadas en Relacións Laborais de contar coa posibilidade de ampliar os seus estudos nunha dimensión de avance da súa empregabilidade e da súa situación no mercado de traballo. Tamén se lles ofrece a posibilidade desa ampliación ao estudantado que curse o Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos.

Preinscrición e matrícula

Contacto

Coordinación do título

Alberto Vaquero García