LISTAXES PROVISORIAS DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS

Axudas ao estudo propias da UVigo 2021/2022

Alegacións ata o 16 de marzo

UVigo - Bolsas 11/03/2022

 

De conformidade co establecido no punto 7 da Resolución reitoral do 22 de decembro de 2021, pola que se convocan as axudas ao estudo propias da Universidade de Vigo no curso 2021/2022, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, examinadas estas e a documentación presentada, a Sección de Axudas e Bolsas publicou as listaxes provisorias de solicitudes admitidas e excluídas.

Se a túa solicitude está excluída, podes emendar os defectos que motivaron a súa exclusión ou completala ata 16 de marzo as 23.59 horas

As listaxes e o formulario para presentar as alegacións están dispoñibles na ficha da convocatoria:

ficha da convocatoria

 

 

Máis información

Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
Edificio Exeria
As Lagoas - Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 094
bolsas@uvigo.gal