2.ª CONVOCATORIA

Bolsas de formación nos sistemas informáticos, centros docentes e de investigación, unidades e áreas

Ata o 22 de xaneiro

UVigo - Bolsas 08/01/2025

Gustaríache formarte na UVigo?

Ata o 22 de xaneiro podes solicitar unha bolsa de formación nos sistemas informáticos, centros docentes e de investigación, unidades e áreas.

O obxecto destas bolsas é fomentar unha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando en actividades vinculadas á titulación na que se matricula, en réxime de compatibilidade cos seus estudos.

Convocatoria e solicitude

 

 

Máis información

Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
Edificio Exeria
As Lagoas - Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 094
bolsasformacion@uvigo.gal