Para o estudantado de programas de doutoramento

Bolsas de mobilidade da Cátedra Feminismos 4.0

Ata o 12 de xullo

UVigo - Bolsas / UVigo - Igualdade 10/07/2019

A Universidade de Vigo, xunto coa Deputación de Pontevedra, convoca unha serie de bolsas de mobilidade para o estudantado de programas de doutoramento. O obxectivo destas é facilitar as estadías de investigación con perspectiva de xénero que se realicen en centros de investigación tanto españois coma estranxeiros.

Requisitos

  • Estar matriculado na Universidade de Vigo no período de tutela de tese no curso 2018/19.
  • Realizar durante o curso 2018/2019 unha estadía en centros de investigación fóra de Galicia entre o 1 de xullo e o 30 de outubro de 2019, cunha duración máxima de 30 días.
  • Contar co informe favorable das persoas directoras da tese.

Documentación

  • Resumo (150 palabras) do traballo de investigación que se vai realizar en que se xustifique o seu interese.
  • Documento que acredite a admisión no centro e período para o que se solicita a estadía.
  • Informe da dirección da tese de doutoramento que inclúa un breve resumo do traballo realizado ata o momento.
  • De ser o caso, copia doutras solicitudes de bolsa para a mesma estadía ou asistencia que se tivesen presentado tanto en institucións, entidades ou fundacións públicas e privadas.

Dotación
 

Destino Manutención Desprazamento
Península Ibérica e Baleares 20 € / día completo  285 €
Canarias     20 € / día completo 465 €
Europa e hemisferio norteafricano  30 € / día completo  545 €
Asia e Oceanía 30 € / día completo 1050 €
Resto do mundo  30 € / día completo   800 €

      
Aquí podes consultar a convocatoria completa.
     

Máis información

Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
Edificio Exeria
As Lagoas - Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 094
bolsasformacion@uvigo.es