PARA ESTUDANTES DE MESTRADO

Bolsas Santander Excelencia 360º curso 2024/2025

Ata o 15 de maio

UVigo - Bolsas 09/05/2025

A Universidade de Vigo e o Banco Santander S.A. asinaron un convenio para facilitar o acceso á educación superior do estudantado con excelentes expedientes académicos e fomentar a inclusión educativa velando polos criterios de igualdade e de equidade social.

A contía máxima da bolsa será de 12.000 €.


Requisitos

  • Ter rematado unha titulación de grao na Universidade de Vigo no curso 2023/2024.
  • Estar matriculado/a no curso 2024/2025 en 60 créditos dalgunha das titulacións de mestrado universitario da Universidade de Vigo.
  • Ter unha nota de acceso ao mestrado igual ou superior a 8,5.

Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003 xeral de subvencións, do 17 de novembro.


Prazo de solicitudes

O prazo de solicitudes permanecerá aberto ata o 15 de maio de 2025.

Máis información e solicitudes

 

Máis información

Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 094
bolsasformacion@uvigo.gal