PARA ESTUDANTES DE GRAO E MESTRADO

Prácticas académicas en zonas rurais 2026

Solicitudes ata o 13 de abril

UVigo - Bolsas 17/03/2026

O programa Campus Rural é unha iniciativa desenvolvida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITERD), en colaboración co Ministerio de Universidades e coas universidades públicas españolas.

O obxectivo de Campus Rural é desenvolver programas formativos conxuntos con empresas e institucións que melloren a empregabilidade do estudantado a través da realización de prácticas académicas, tanto curriculares como extracurriculares, no ámbito rural, en zonas con problemas de despoboamento, residindo nestas, coñecéndoas en profundidade e convivindo e colaborando coa súa xente, de modo que poida velas como lugares de oportunidades para o desenvolvemento do seu futuro profesional.

Requisitos para participar

  • Estar matriculado/a nunha titulación oficial de grao ou de mestrado universitario da Universidade de Vigo no curso 2025/2026 de conformidade cos perfís definidos no anexo II.
  • No caso de estudos de grao, ter superados 120 créditos da titulación de grao na que se atopa matriculado/a; para estes efectos terase en conta o último día do prazo de presentación de solicitudes.
  • O estudantado de programas de simultaneidade deberá ter superados o 50 % dos créditos da titulación.

Información e solicitudes 

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 13 de abril de 2026.

Convocatoria e solicitudes


Oferta de prácticas

De seguido pódense consultar as prácticas ofertadas polas distintas entidades colaboradoras:


Máis información

 

Novas

 

Máis información

Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
Edificio Exeria
As Lagoas - Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 094
bolsas@uvigo.gal