INSCRICIÓN DE ENTIDADES ATA O 3 DE MARZO

Prácticas en municipios de menos de 5000 habitantes

Para estudantes de grao e de mestrado

UVigo - Bolsas 22/02/2022

As entidades de municipios de menos de 5000 habitantes interesadas en acoller estudantado de grao e de mestrado no marco do programa de prácticas Campus Rural xa poden presentar a súa solicitude de participación.

Campus Rural é unha iniciativa desenvolvida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, en colaboración co Ministerio de Universidades e la Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE). Este programa permitiralle ao estudantado universitario de calquera titulación oficial completar a súa formación mediante a realización de prácticas académicas, tanto curriculares como  extracurriculares, no ámbito rural, en zonas con problemas de despoboamento.

O prazo permanecerá aberto ata o 3 de marzo de 2022.

Información e solicitudes

 

Requisitos    

  • Pode participar neste programa calquera administración local, institución, organismo, entidade sen ánimo de lucro ou empresa legalmente constituídas, que desenvolvan a súa actividade en municipios españois de menos de 5000 habitantes.
  • As prácticas ofertadas deben poderse realizar nun período mínimo de 3 meses, extensible ata 5 meses en casos xustificados, entre o 1 de xuño e o 31 de outubro de 2022.

Novas relacionadas

 

Máis información

Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
Edificio Exeria
As Lagoas - Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 094
bolsas@uvigo.gal