PARA ESTUDANTES DE GRAO E DE MESTRADO

Prácticas en municipios de menos de 5000 habitantes en 2024

Solicitudes ata o 30 de maio

UVigo - Bolsas 15/05/2024

Campus Rural é unha iniciativa desenvolvida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, en colaboración co Ministerio de Universidades e la Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE).

Co programa Campus Rural o estudantado universitario de calquera titulación oficial poderá completar a súa formación mediante a realización de prácticas académicas, tanto curriculares como extracurriculares, no ámbito rural, en zonas con problemas de despoboamento, residindo nel, coñecéndoo en profundidade e convivindo e colaborando coa súa xente, co fin de velo como un lugar de oportunidades para o desenvolvemento do seu futuro profesional.

Requisitos

  • Estar matriculado/a en titulacións oficiais de grao ou de mestrado oficial da Universidade de Vigo no curso 2023/2024 de conformidade cos perfís definidos no anexo II.
  • No caso de estudos de grao, ter superados 120 créditos da titulación de grao na que se atopa matriculado/a no momento da finalización do prazo de solicitudes.
  • O estudantado de PCEO deberá ter superados o 50 % dos créditos da titulación.

Información e solicitudes 

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de maio de 2024.

Convocatoria e solicitudes


Oferta de prácticas

De seguido pódense consultar as prácticas ofertadas polas distintas entidades colaboradoras organizadas por ámbito.

Prácticas ofertadas


Máis información

 

 

Máis información

Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
Edificio Exeria
As Lagoas - Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 094
bolsas@uvigo.gal