Programa de bolsas-prácticas ONCE-CRUE 2026/2027

Ata o 30 de novembro

UVigo - Bolsas 09/10/2026

A Universidade de Vigo convoca o programa de bolsas-prácticas ONCE-CRUE para o curso 2026/2027, unha iniciativa que conta co cofinanciamento do Fondo Social Europeo no marco do Programa FSE+ de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza 2021-2027.

A finalidade do programa é facilitar o desenvolvemento de prácticas académicas externas dirixidas ao estudantado universitario con discapacidade para facilitar o seu acceso a unha primeira experiencia laboral e mellorar así a súas oportunidades laborais e a súa carreira profesional.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de novembro.

Na seguinte ligazón están dispoñibles os detalles da convocatoria (duración, contía, requisitos...):

Convocatoria

 

Máis información

Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
Edificio Exeria
As Lagoas - Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 094
bolsas@uvigo.gal