Bolsas

Atopa toda a información sobre as bolsas que poden axudarte a financiar a túa carreira universitaria e os seus trámites asociados. O noso obxectivo é que ninguén quede excluído do ensino superior por razóns económicas.

Accesos rápidos

Coñece o calendario previsto de xestión

Axenda

Atopa unha convocatoria da UVigo

Buscador de bolsas

 

Consulta os últimos avisos relacionados coas bolsas

Últimos avisos

 


No menú da dereita atoparás todas as convocatorias que che poden interesar da UVigo e doutros organismos (MEFP, Xunta de Galicia...). 


Protección de datos

Atoparás información de interese sobre protección de datos nas convocatorias de bolsas nas seguintes ligazóns: convocatorias, actividades de tratamento de datos. 

Como podemos axudar?

A Universidade de Vigo xestiona as bolsas de carácter xeral convocadas polo MECD e colabora coa Xunta de Galicia na xestión das súas convocatorias.

 

Ademais a UVigo, ten un Programa propio de bolsas e axudas, ao que destina unha parte importante do seu orzamento, dirixido ao alumnado de grao, máster e doutoramento. Os obxectivos deste programa son:

  • Garantir o acceso ao ensino superior das persoas que carezan de recursos económicos.

  • Garantir o acceso ao ensino superior en condicións de igualdade ao alumnado con necesidades educativas especiais.

  • Promover a mobilidade nacional e internacional do alumnado.

  • Completar a formación do alumnado mediante a participación nas actividades da universidade e na realización de prácticas en empresas e institucións en réxime de compatibilidade cos seus estudos
  • Apoiar a participación estudiantil en distintos ámbitos universitarios.

  • Iniciar ao alumnado nas actividades de investigación.

 

Procedemento de xestión de bolsas propias da UVIGO

Fases procedemento

Preguntas frecuentes sobre bolsas

Aquí tes algunhas respostas relacionadas coa solicitude e tramitación de bolsas. Ten en conta que estas respostas son xenéricas, podes consultar tamén os apartados de Preguntas frecuentes de cada unha das páxinas de bolsas do menú da dereita.

Según o perfil dos teus estudos podes solicitar distintas bolsas e axudas.

CONVOCATORIAS POR PERFIL DE ESTUDO

Tamén podes consultar no menú da dereita por modalidade de bolsa:

  • Bolsas de estudo: destinadas a financiar os gastos derivados da actividade académica.
  • Bolsas de inclusión: destinadas a alumnado que se atopa en situación social ou económica de especial necesidade.
  • Bolsas de formación: destinadas a complementar a formación académica do alumnado a través de actividades compatibles cos seus estudos.
  • Bolsas de mobilidade: destinadas a financiar os gastos derivados dos desprazamentos e estadías.
  • Premios: destinados ao alumnado con expediente académico excelente.

 

As convocatorias do MECD, Goberno Vasco (dirixidas a alumnado residente en Euskadi) e da Xunta de Galicia publícanse na súa propia web. Podes consultalas no menú da dereita na páxina de Bolsas de estudo.

As convocatorias propias da UVIGO publícanse na sede electrónica da Universidade e no Portal de Bolsas (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/categoria/bolsas) da web da Universidade. Nas bases da convocatoria é especialmente importante fixarse nos seguintes puntos:

  • Requisitos: son condicións que debes cumprir no momento da solicitude. O non cumprimento é causa de exclusión da solicitude.
  • Incompatibilidades: outras axudas, ingresos ou recursos económicos que non se poden percibir á vez que a bolsa.
  • Obrigas e xustificación:  son requirimentos de obrigado cumprimento unha vez que se produce á concesión; deben cumprirse durante e ao final do obxecto da subvención. Han de ser tidas en conta para o pago e xustificación da subvención. O non cumprimento da lugar ao inicio do expediente de reintegro.

CALENDARIO PREVISTO DE CONVOCATORIAS

Cando?

O prazo establécese nas bases de cada convocatoria. Non se admiten solicitudes presentadas fora de prazo. Cando o día que finaliza un prazo é festivo nalgún dos campus, enténdese prorrogado ata o seguinte día hábil (excluídos sábados, domingos e festivos).

Para a presentación das solicitudes de bolsa do MECD, Goberno Vasco e Xunta de Galicia consulta o procedemento no menú da dereita na páxina de Bolsas de estudo.

Como?

A través do formulario existente na sede electrónica(https://sede.uvigo.gal/) e que se sinala na convocatoria xunto coa documentación correspondente.

Para a presentación das solicitudes de bolsa do MECD, Goberno Vasco e Xunta de Galicia consulta o procedemento no menú da dereita na páxina de Bolsas de estudo.

As solicitudes presentadas son revisadas. Se falta algún documento comunicáselle á persoa solicitante a través da publicación da listaxe no taboleiro da sede electrónica da Universidade e no Portal de bolsas. A listaxe incluirá a relación provisoria de solicitudes admitidas, as excluídas con mención da causa de exclusión, e o prazo para presentala documentación que falta ou emendar o erro detectado.

A documentación preséntase a través do formulario electrónico indicado na convocatoria.

As solicitudes son avaliadas seguindo os criterios que consten na convocatoria, por unha Comisión de selección. Unha vez realizada a selección publícase no taboleiro electrónico e no Portal de bolsas a listaxe provisoria de bolsas concedidas e denegadas coa causa de denegación. Se non estás de acordo coa proposta de selección podes formular alegacións no prazo e forma establecida na convocatoria.

Para o formulario de alegacións das convocatorias do MECD, Goberno Vasco e Xunta de Galicia consulta o menú da dereita na páxina de Bolsas de estudo.

Unha vez estudadas as alegacións, a Comisión de selección eleva ao órgano competente a proposta de resolución. A resolución publícase no taboleiro da sede electrónica da universidade e no Portal de bolsas.

O prazo máximo para resolver é de 3 meses desde a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, agás nos casos nos que se indique outro prazo na convocatoria. Transcorrido o prazo sen resolución expresa, a axuda solicitada entenderase como desestimada, sen que isto exima  á Universidade da obriga de resolver.

Se non estás de acordo coa resolución definitiva podes presentar recurso:

  • No prazo de 1 mes na propia Universidade presentando o formulario de recurso a través da sede electrónica (https://sede.uvigo.gal/) da universidade.
  • No prazo de 2 meses na Xurisdición contencioso-administrativa

FORMULARIO DE RECURSO

Para o formulario de recurso das convocatorias do MECD, Goberno Vasco e Xunta de Galicia consulta o menú da dereito na páxina de Bolsas de estudo.

A renuncia debe ser presentada a través da sede electrónica (https://sede.uvigo.gal/) no prazo e coas consecuencias que se sinalen na convocatoria. Polo xeral a renuncia supón a devolución das cantidades recibidas ou a parte proporcional nos termos establecidos na convocatoria.

FORMULARIO DE RENUNCIA

 

O pago da axuda/bolsa realizase de acordo co establecido na convocatoria. Nas bolsas de estudo o habitual é pagar unha vez exista resolución definitiva. No resto das bolsas o habitual é pagar unha vez xustificada a actividade subvencionada.

A contía da bolsa é aboada na conta bancaria que figura na solicitude de bolsa da que tes que ser titular ou cotitular. Ten que ser unha conta dunha entidade bancaria que opere en España.

As bolsas e axudas están suxeitas a IRPF agás as seguintes que están exentas:

  • Bolsas estudo:
    • Grao e máster:    
      • matrícula + 6.000 (para cubrir gastos xerais)
      • Matrícula + 18.000 € (para cubrir gastos de transporte e aloxamento)
      • Prácticas curriculares: forman parte da titulación
    • Doutoramento:    
      • 21.000 € estudos en España (inclúe gastos de estadías e mobilidade)
      • 24.600 € estudos fora de España (inclúe gastos de estadías e mobilidade)
  • Premios exentos: artísticos, científicos e literarios outorgados sen contraprestación (nin cesión de dereitos) por obras realizadas con anterioridade á concesión do premio
  • Axudas de investigación: persoal investigador en formación (inclúe funcionariado)

Nas bolsas que están suxeitas a IRPF a porcentaxe de retención calcúlase, tendo en conta o importe bruto e o período de duración da bolsa, de xeito similar á como se fai cos contratos de traballo (como mínimo o 2%). A Universidade realiza a retención antes do pago.

Se polo importe bruto non estás obrigada/o a presentar declaración da renda, deberías presentala coa finalidade de que se che devolvan as cantidades retidas.

Se queres que se che aplique un tipo de retención superior, deberás comunicalo ao servizo de retribucións e seguros sociais.

A xustificación consiste na acreditación de que a axuda/bolsa foi utilizada para o fin para o que foi concedida. Realizase de acordo co establecido na convocatoria. Normalmente consiste na presentación de documentación relacionada co fin da actividade a través do formulario electrónico correspondente.

Memoria

A bolsa será obxecto de revisión e reintegro das cantidades aboadas no caso de:

  • Non cumprir os requisitos e obrigas recollidas na convocatoria.
  • A ocultación de datos, alteralos ou manipular a información solicitada.
  • Ser beneficiario/a doutra bolsa ou axuda incompatible.

Consulta as subvencións concedidas en cursos anteriores

Transparencia

Consulta os nosos datos

Estatísticas

Memoria de actividades

 

 

Contacta connosco nos teléfonos +34 986 813 611 / +34 986 813 612 ou a través deste formulario: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/5883

Contacta co representante do estudantado nas comisións de bolsas nicolas.balsafernandez@gmail.com

Presenta unha Queixa, suxestión ou parabén

Consulta a normativa

Consulta o directorio do Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos