Avaliacións

 

 

A formalización da matrícula nas titulacións oficiais de grao da Universidade de Vigo dará dereito, en cada curso académico, a unha única convocatoria con dúas oportunidades de avaliación, conforme ao calendario académico aprobado polo Consello de Goberno:

  • unha ao remate de cada cuadrimestre
  • outra no mes de xullo

O alumnado matriculado nunha titulación oficial de grao disporá de catro convocatorias para superar cada materia.

No cómputo das convocatorias para superar unha materia non se terán en conta aquelas en que figure a consideración de “non presentada/o” ou “non avaliada/o”.

Esgotadas todas as posibles convocatorias dunha materia sen superala, o alumnado non poderá proseguir os seus estudos na mesma titulación da UVigo.

O alumnado de grao ao que lle reste un máximo de tres materias, sen incluír o traballo de fin de grao (TFG), para rematar a súa titulación non verá limitado o número máximo de convocatorias, agás que o plan de estudos se extinga.

Convocatoria “Fin de Carreira”

Celébrase nun período distinto ao fixado no apartado anterior.

Na convocatoria de matrícula de cada curso académico estableceranse as condicións que deberá cumprir o alumnado para acceder a esta convocatoria.

En todo caso o alumnado poderá solicitar ser avaliado polo tribunal de avaliación.

Esta opción indicarase no momento da formalización da matrícula e implica facelo da totalidade dos créditos pendentes para concluír os estudos. En ningún caso procederá a inscrición con posterioridade á xeración de actas.

Requisitos

  1. Que resten como máximo 24 créditos xa matriculados en cursos anteriores. Neste cómputo non se terán en conta os créditos do TFG que poderá matricularse por primeira vez.
  2. Ter sido avaliado dos 24 créditos
  3. Que para a defensa do TFG se poida garantir o mínimo de dedicación necesaria para a súa preparación. Tendo en conta que cada ECTS supón na UVigo 25 horas de traballo, cómpre que desde a data de inicio do curso académico ata a data de defensa do TFG transcorran:
  • un mínimo de 4 semanas para un TFG de 6 créditos (6 ECTS=150 horas=4 semanas)
  • de 8 semanas para un TFG de 12 créditos (12 ECTS = 300 horas = 8 semanas).

Os centros verificarán que se cumpran os requisitos para autorizar a presentación e defensa do TFG e establecerán os procedementos de depósito e de celebración das defensas dos traballos de fin de grao dentro dos límites do calendario académico oficial da UVigo.

Se te inscribiches nesta opción e non te presentaches, poderás concorrer á avaliación ordinaria e á extraordinaria. No caso de presentarse ás probas e non superar algunha materia, deberás escoller unha delas.

Rexerán as guías das materias que estiveron vixentes no curso anterior e deberá ser avaliado, de ser posible, pola/o profesora/o que impartiron a materia o curso anterior.

O sistema de cualificación rexerase polo previsto no RD 1125/2003, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.

A cualificación será reflectida nas actas mediante unha anotación numérica en función da seguinte escala de 0 a 10, con expresión dun decimal, á que poderá engadirse a súa correspondente cualificación cualitativa: 

  • 0-4,9: Suspenso (SS) 
  • 5,0-6,9: Aprobado (AP)
  • 7,0-8,9: Notable (NT) 
  • 9,0-10: Sobresaliente (SB)

Os créditos correspondentes ás materias recoñecidas conservarán as cualificacións de orixe, se é posible.

Cualificación de “apto/a” ou “non apto/a”

Poderá outorgarse nos supostos previstos pola normativa aplicable.......

Consideración de “Non presentado/a”

Outórgase cando o/a alumno/a non participou en ningún dos actos de cualificación previstos na guía docente da materia e tamén cando, a xuízo do profesor ou profesora, o fixo de forma pouco significativa.