Permanencia e progreso

A normativa de permanencia e progreso, aplicaráselle só ao alumnado matriculado en estudos conducentes á obtención de títulos oficiais de grao e máster universitario na Universidade de Vigo.

Non se lle aplicará ao alumnado:

  1. Matriculado en materias de titulacións oficiais ao abeiro de programas de formación continua ou noutros que non estean destinados a obter unha titulación oficial.
  2. Procedente doutras universidades, acollido na Universidade de Vigo en virtude dos acordos de intercambio, mobilidade, dobre titulación ou en situación de libre mobilidade, que se rexerá, no que atinxe ao obxecto desta normativa, polo que se estableza no acordo, convenio ou normativa que o afecte.

No que atinxe aos créditos mínimos e máximos de matrícula, non se lle aplicará esta norma ao alumnado matriculado:

  • En titulacións conxuntas con outras universidades, que se rexerán polo que se estableza no convenio ou na memoria da titulación correspondente.
  • En dobres graos ou programas conxuntos de estudos oficiais de grao (PCEO) na Universidade de Vigo, que se rexerán pola súa normativa específica.

A simultaneidade de estudos regularase por unha normativa específica no que respecta ao número máximo de créditos matriculables.

 

Matrícula igual ou superior a 48 ECTS, agás no caso do alumnado a que lle reste menos de 48 ECTS para rematar os seus estudos, que deberá matricularse de todos os créditos necesarios para obter o título.
Matrícula igual ou superior a 18 ECTS e inferior a 48 ECTS, agás no caso do alumnado a que lle reste menos de 48 ECTS para rematar os seus estudos, que deberá matricularse de todos os créditos necesarios para obter o título.
Solicitude
de forma expresa, ao órgano de Dirección do centro, no momento de matricularse na UVigo e, de ser o caso, deberá renovarse en cada nova matriculación.
Poderá realizarse dita solicitude na sede electrónica,da UVigo

Para os trámites en Sede poderás acceder mediante 

Documentación
Documentos que xustifiquen as circunstancia polas que lle impida a/o estudante a adicación plena aos estudos universitarios
Órgano encargado da súa tramitación
as áreas académicas de grao das Facultades/Escolas (secretaría de alumnado)
Resolverase atendendo a circunstancias xustificativas de carácter
  • Laboral
  • Familiar
  • Por atención a persoas dependentes
  • Por actividades deportivas de alto nivel 
  • Ou por calquera outra circunstancia que o devandito órgano considere
 
As notificacións realizaranse por correo electrónico e carta certificada con acuse de recibimento.
 
Recursos: potestativo de reposición e/ou contencioso-administrativo
Poderá solicitar un réxime de permanencia adaptado, que supón unha matrícula igual ou superior a 6 ECTS ou unha materia.
Para acollerse a esta posibilidade deberá presentar un informe expedido polo órgano competente  e contar co visto e prace do Gabinete Psicopedagóxico da UVigo.
O alumnado poderá solicitarlle ao órgano responsable da Dirección do centro a que estea adscrito a titulación o cambio de réxime de permanencia por causa sobrevida, debidamente xustificada, ata o período de modificación de matrícula do segundo cuadrimestre.

 

Se es estudante de 1.º curso e de novo ingreso deberás superar, polo menos,

  • 2 materias ou 12 ECTS, se estás matriculado a tempo completo 
  • 1 materia ou 6 ECTS, se estás matriculado a tempo parcial

Se non superaches os mínimos indicados no número anterior poderás continuar os teus estudos na mesma titulación da Universidade de Vigo, condicionado á superación no seguinte curso académico de, polo menos, 

  • 30 ECTS se estás matriculado en réxime a tempo completo 
  • 18 ECTS se estás matriculado en réxime a tempo parcial

De non superalos, non poderás continuar os mesmos estudos na Universidade de Vigo.
Nos cómputos anteriores non se terán en conta os créditos obtidos por recoñecemento. 

O alumnado de grao con necesidades específicas de apoio educativo poderá solicitar un réxime de permanencia adaptado. Para estes efectos, facultarase a Comisión de Permanencia e Progreso da Universidade de Vigo para valorar cada caso concreto.

Alumnado de novo ingreso: deberá matricularse, a tempo completo, da totalidade dos créditos (60 ECTS)

O alumnado en réxime a tempo completo que continúe estudos verá limitado o seu máximo de créditos ECTS matriculables polo seu rendemento demostrado (créditos superados) no curso académico (consultar táboa na normativa de permanencia e progreso nas titulación oficiais de grao e de máster).

No cómputo do número máximo de créditos matriculables non se terán en conta os créditos obtidos por recoñecemento.

Ao alumnado de grao que lle reste para rematar os seus estudos un número menor ou igual a 84 ECTS poderá matricularse de ata 84 ECTS por remate de estudos, sen ter en conta calquera outra limitación estipulada na presente normativa.

No caso de rendementos académicos excepcionais, e tras a solicitude ao órgano de dirección do centro por parte da persoa afectada, os órganos competentes de cada centro poderán autorizar a ampliación dos créditos máximos de matrícula recollidos na presente normativa.
 

Durante o proceso de matrícula a través da secretaría virtual, si o alumnado non cumpre as condicións de permanencia, non poderá continuar coa súa matrícula. Poderá solicitar unha autorización de matrícula, con carácter extraordinario, á Comisión de Permanencia e Progreso da Universidade de Vigo, quen poderá autorizar a continuidade nos estudos sempre que se dean causas de forza maior, suficientemente acreditadas, que afectasen o seu rendemento académico.