Trámites

Axudámoste cos trámites

Normas básicas:

  1. Sempre que a titulación de destino pertenza á mesma rama que a de orixe, serán obxecto de recoñecemento un número de créditos que sexa polo menos o 15 por cento do total de créditos do título (36 ECTS), correspondentes a materias de formación básica de dita rama. 
  2. Serán tamén obxecto de recoñecemento os créditos obtidos naquelas outras materias de formación básica cursadas pertencentes á rama de destino. 
  3. O resto dos créditos poderán ser recoñecidos pola universidade tendo en conta a adecuación entre as competencias e os coñecementos adquiridos, ben noutras materias ou ensinanzas cursadas polo estudante ou ben asociados a unha previa experiencia profesional e os previstos no plan de estudios ao que teñan carácter transversal.
  4. En ningún caso, se poderá recoñecer a materia correspondente ao Traballo de Fin de Grao (TFG)

Podo solicitar o recoñecemento de calquera materia ofertada no plan de estudos sen necesidade de estar previamente matriculado/a

A cualificación que constará no expediente será:

  • Entre materias de distintas titulacións oficiais: a mesma cualificación das materias de orixe
  • En ensinos superiores oficiais non universitarios (ciclo superior de FP): nota media obtida no ciclo superior
  • Non incorporan cualificación:
  1. Ensinos universitarios non oficiais (títulos propios)
  2. Por acreditación de experiencia profesional ou laboral
  3. Por prácticas externas curriculares
  4. Por realizar actividades universitarias culturais, deportivas, de representación estudiantil, solidarias e de cooperación
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Recoñecementos por experiencia laboral e profesional e por títulos propios

A experiencia laboral e profesional acreditada poderá tamén ser recoñecida en forma de créditos que computarán aos efectos da obtención dun título oficial sempre que a dita experiencia estea relacionada coas competencias inherentes a dito título.

O número de créditos que pode ser obxecto de recoñecemento a partir da experiencia profesional ou laboral e de ensinanzas universitarias non oficiais non poderá ser superior, no seu conxunto, ao 15 por cento do total de créditos que constitúen o plan de estudos (36 ECTS). 

Non obstante, o anterior, os créditos procedentes de títulos propios poderán excepcionalmente, ser obxecto de recoñecemento nun porcentaxe superior á sinalada no parágrafo anterior ou de ser o caso, ser recoñecidos na súa totalidade sempre que o correspondente título propio se extinguira e fose substituído por un título oficial. 

En ningún caso poderán ser recoñecidos os créditos correspondentes aos traballos de fin de grao.

Solicitude

O prazo para a presentación da solicitude será:

  1. Para o alumnado con estudos universitarios oficiais estranxeiros: meses de marzo e abril
  2. Para o resto do alumnado:
  • de xeito xeral: meses de xuño, xullo e agosto
  • para os convocados ou matriculados en setembro: ata o 30 de setembro
  • para o alumnado que inicia estudos pola convocatoria de prazas vacantes: no mesmo momento da matrícula

Modelo de solicitude para titulacións adaptadas ao EEES

Modelo de solicitude para actividades culturais e/ou prácticas

Lugar de presentación: na sede electrónica da Uvigo 

Para os trámites en Sede podrás acceder mediante 

Documentación

- Certificación académica expedida pola universidade de procedencia

- Guías docentes de cada materia superada (seladas ou con código de verificación) da que pretende o recoñecemento 

- No caso doutros estudos ou actividades, é precisa a certificación na que se acredite a súa realización

Normativa

Regulamento

 

INFORMACIÓN AO ALUMNADO

Instruccións

Solicitude

A través de sede electrónica da UVigo 

Para os trámites en Sede poderás acceder mediante 

Modelo de solicitude para actividades universitarias susceptibles de recoñecemento na Sección de Extensión Universitaria

Modelo de solicitude para recoñecemento de actividades culturais e/ou prácticas no centro 

Notificación das resolucións

A notificacion destas resolucións realizarase por correo postal ou por correo electrónico (os datos serán os facilitados pola persoa interesada na secretaría virtual)

 

Actividades validadas por créditos

Idiomas

O alumnado da Universidade de Vigo poderá solicitar o recoñecemento académico de ata un máximo de 6 créditos optativos por formación de idiomas, sempre que a citada formación se realice ao longo da súa permanencia na universidade e estea impartida por:

  • Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. 
  • Centro de Linguas da Universidade de Vigo. 
  • Centro de linguas universitario acreditado pola Confederación Europea de Centros de Linguas de Ensino Superior (CERCLES).
  • Escola oficial de idiomas ou centro oficial equivalente noutro país. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación en que pretenda recoñecer, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade con indicación das horas do curso.
Outras actividades universitarias

O alumnado da Universidade de Vigo poderá solicitar o recoñecemento académico de créditos optativos por actividades universitarias culturais, deportivas, de representación estudantil, solidarias e de cooperación por un máximo de 6 créditos do total do plan de estudos cursado.
Recoñeceranse as actividades físico-deportivas universitarias aprobadas pola Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, por proposta da área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo, que contribúan a algún dos seguintes obxectivos:

  • Adquirir ou consolidar hábitos de vida mais activos e saudables.   
  • Desenvolver competencias transversais relevantes na formación integral do alumnado.
  • Proxectar os valores da universidade no resto da sociedade a través da colaboración en eventos físico-deportivos ou da participación en competicións deportivas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación en que pretenda recoñecer, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade con indicación das horas do curso.
     

Actividades deportivas

Cursos e obradoiros de Extensión Universitaria

Proxectos de Voluntariado

 

Co fin de facilitar a reincorporación ao sistema educativo de todas as persoas interesadas en ampliar a súa formación, prevense posibilidades de recoñecer a formación adquirida previamente mediante as validacións e as equivalencias.
O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación en que pretenda recoñecer.
O catálogo que se presenta a continuación estará vixente desde o curso 2013/2014 e sucesivos e estrutúrase en dúas partes:
  • No apartado 1, recóllense as táboas de recoñecemento directo de créditos nas titulacións universitarias oficiais de grao para os titulados en formación profesional de grao superior, de acordo coas normas de cada unha das universidades galegas considere oportuno. 
  • No apartado 2, recóllese a relación de titulacións universitarias oficiais de grao que de momento non teñen unha táboa de recoñecemento directo de créditos para os técnicos superiores de formación profesional. No caso que se considere a posibilidade de correspondencia entre algunha titulación universitaria oficial de grao e algún título de técnico superior de formación profesional, poderase solicitar individualmente o recoñecemento dos créditos que se considere oportuno, da forma prevista pola normativa de recoñecemento e transferencia de créditos de cada universidade. 
  • Catálogo de créditos e materias recoñecidas
Atención: os que corresponden á UVigo están nas últimas páxinas, da 157 ata o final.
Solicitude

Podes solicitar o recoñecemento de créditos no centro a través de sede electrónica da UVigo 

Modelo de solicitude para titulacións adaptadas ao EEES

Para os trámites en Sede poderás acceder mediante 

Notificación das resolucións
A notificación destas resolucións realizarase por correo postal ou por correo electrónico (os datos serán os facilitados pola persoa interesada na secretaría virtual)

Nos seguintes enlaces poderás consultar as táboas de recoñecementos entre materias daqueles graos comúns as tres universidades do Sistema Universitario Galego (SUG) co fin de permitir unha maior eficacia no traslado do alumnado.

Solicitude

Podes solicitar o recoñecemento de créditos no centro a través de sede electrónica da UVigo 

Modelo de solicitude para titulacións adaptadas ao EEES

Para os trámites en Sede poderás acceder mediante 

Notificación das resolucións
A notificación destas resolucións realizarase por correo postal ou por correo electrónico (os datos serán os facilitados pola persoa interesada na secretaría virtual)
 

Solicitude por cambio de titulación e/ou universidade, abandonando os estudos de orixe.

Requisito

Trámite suxeito ao pago de  prezos públicos (taxas) correspondentes segundo o establecido no decreto, aprobado pola Xunta de Galicia, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos, vixente en cada curso académico.

Solicitude

A través de sede electrónica da UVigo (instancia xenérica)

Para os trámites en Sede poderás acceder mediante 

Documentación
  • Resolución de admisión na outra titulación e/ou universidade.
  • Xustificante de ter aboados os prezos públicos asociados a este trámite.
Órgano encargado da tramitación

Persoal das áreas de grao das unidades administrativas das Facultades/Escolas (secretaría de alumnado)

Para un grao da Universidade de Vigo

Se estás matriculada ou matriculado nun grao na Universidade de Vigo e queres realizar un traslado a outro grao na mesma universidade (de ser admitidos/as), no momento de formalizar a matrícula, aparecerá unha mensaxe de se desexas realizar o traslado de expediente para poder efectuar a devandita matricula.

Para un grao noutras universidades

Se fuches admitida ou admitido nun grao noutra universidade que non sexa a de Vigo, deberás solicitar o traslado de expediente na unidade administrativa da área de grao do centro no que estabas matriculada ou matriculado (secretaría alumnado). Deberás presentar a carta de admisión e efectuar o pagamento dos prezos públicos.

Mecanismo polo que se avalía en conxunto a traxectoria académica e o labor realizado por un estudante ao final dos seus estudos para determinar se acadou os suficientes coñecementos e competencias que lle permitan obter a titulación académica á que opta, compensando materias que non teña superadas.

Requisitos 
  • Que cando menos, o 50% dos créditos da titulación foran cursados na UVigo. 
  • Que resten para graduarse un máximo de dúas materias que non superen entre ambas os 12 créditos, agás o TFG. 
  • Que o estudante esgotara na materia ou materias nas que solicita a AC cando menos 3 oportunidades de avaliación e que a cualificación obtida non fora inferior a 1 ou non avaliado en ningunha das 3 oportunidades.
Limitacións
  1. Non serán obxecto de compensación o TFG, as prácticas e o prácticum nin materias do curso ponte.
  2. O número máximo de créditos que se poderá conceder por avaliación por compensación na vida académica do alumnado será de 12.
  3. Non se lle poderá conceder a AC a un estudante que non estea matriculado na materia ou materias a compensar no momento de solicitar a AC.
  4. As materias compensadas non poderán ser obxecto de recoñecemento noutras titulacións da UVigo.
  5. Non se lle poderá conceder a AC a un estudante ao que lle conste algunha sanción grave no seu expediente académico.
Solicitudes

Prazo: esta poderá realizarse en cada período de avaliación dende a data de apertura de actas ata 15 días hábiles despois do peche de entrega das mesmas. 

Realizarase a través de sede electrónica da UVigo 

Para os trámites en Sede poderás acceder mediante 

Resolución

O prazo máximo para resolver será dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte á finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Concederase o apto por compensación automático da materia ou materias solicitadas tras a constatación do cumprimento de todos os requisitos, das limitacións, e sempre que o estudante se encontre en polo menos un dos seguintes supostos: 

  1. Que obtivese polo menos 1 vez unha cualificación igual ou superior a 3,5 na materia ou materias a compensar. 
  2. Que a media do seu expediente sexa igual ou superior á nota media da súa titulación na última promoción con dereito a docencia.

No caso de que o solicitante non se encontre en ningún destes supostos ou curse unha titulación que dea acceso a unha profesión regulada pero reúna todos e cada un dos requisitos necesarios, a solicitude será admitida a trámite para que a valore a comisión de compensación.

A comisión de compensación valorará a traxectoria académica global do solicitante e, en particular, na materia ou materias obxecto de compensación e nas materias afíns (se as houbese), e analizará canta información complementaria considere oportuna.

A comisión poderá solicitarlle ao docente responsable da materia un informe no cal consten as consideracións relativas a todas as actividades desenvolvidas polo estudante (traballos, exames, prácticas etc.).
En ningún caso se lle poderán realizar probas de avaliación ao alumnado solicitante.

Notificación das resolucións

A notificación destas resolucións realizarase por correo postal ou por correo electrónico (os datos serán os facilitados pola persoa interesada na secretaría virtual)

Recursos

Recurso de reposición

Recurso contencioso-administrativa

Para matricularse en mais dunha titulación universitaria oficial, é necesario ter concedida a simultaneidade previamente á formalización da segunda matrícula, tendo en conta que non se concederá para cursar por primeira vez dúas titulacións ou a mesma titulación noutra universidade.

Normativa de simultaneidade de estudos

Solicitudes

Modelo de solicitude

Realizaranse na sede electrónica da UVigo 

Para os trámites en Sede poderás acceder mediante 

 Documentación

O alumnado da Universidade de Vigo non terá que presentar ningunha documentación de tipo académico

No caso de alumnado doutra universidade:

  • certificación académica oficial expedida pola universidade de procedencia
Órgano encargado da tramitación

Servizo de Xestión de Estudos de Grao 

Requisitos
  1. non superar entre as dúas titulacións o máximo de créditos establecidos na normativa
  2. haberá que esperar a que na titulación solicitada resulten prazas sen cubrir ao remate do procedemento de admisión correspondente, é dicir, no proceso convocado pola CIUG ou nos cursos ponte.
Resolución

Consonte ao disposto na orde ministerial do 28 de setembro de 1984 (BOE do 9 de outubro), e na normativa de simultaneidade de estudos na UVigo aprobada en Consello de Goberno de 19 de xullo de 2017. A resolución favorable levará implícita a autorización de matrícula a tempo parcial nunha das titulacións.

Notificación das resolucións

A notificación destas resolucións realizarase por correo postal ou por correo electrónico (os datos serán os facilitados pola persoa interesada na secretaría virtual)

Recursos

potestativo de reposición
contencioso-administrativo

Non se concederá simultaneidade para cursar por primeira vez dúas titulacións oficiais de grao na Universidade de Vigo, excepto nun programa conxunto de estudos oficiais de grao (PCEO)
Quen pretenda simultanear unha titulación oficial xa iniciada con outra polo procedemento xeral de admisión convocado polo SUG, deberá ter en conta que para que esta lle poida ser concedida haberá que:
  • Ter superado o primeiro curso completo nunha das titulacións. 
  • Agardar a que, unha vez rematado o proceso de adxudicación de prazas no sistema universitario de Galicia, se publique a convocatoria de prazas vacantes, momento no que deberá solicitar praza na nova titulación.
  • Cumprir os requisitos de matrícula establecidos na Normativa de permanencia e progreso do alumnado das titulacións oficiais de grao e máster universitarios da Universidade de Vigo e na resolución reitoral da convocatoria de matrícula para estudos de grao do ano académico correspondente.
O máximo de créditos matriculados entre as dúas titulacións de grao non superará os 78 ECTS, unha vez feitos os recoñecementos que procedan.
Como excepción, o alumnado ao que lle resten 18 ECTS e o TFG para rematar os seus estudos, poderá simultanear con outro grao no que resulte admitido para iniciar estudos.
No caso de incumprimento do límite máximo de créditos matriculados, iniciarase de oficio o proceso para regularizar a situación no Servizo de Xestión de Estudos de Grao.
Poderase simultanear a matrícula nun grao coa matrícula nun máster na Universidade de Vigo, sempre que o máximo de créditos matriculados nas dúas titulación non superen os 78 ECTS. 
Como excepción, o alumnado ao que lle resten 18 ECTS e o TFG/TFM para rematar os seus estudos, poderá simultanear con outros estudos nos que resulte admitido.
Tramitarase no Servizo de Xestión de Estudos de Grao se a segunda titulación é de grao e no Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao se a segunda titulación é un máster

Poderase simultanear a matrícula nun grao coa matrícula nun doutoramento na Universidade de Vigo, sempre que o máximo de créditos matriculados nas dúas titulación non superen os 78 ECTS.

Tramitarase no Servizo de Xestión de Estudos de Grao se a segunda titulación é de grao e na EIDO se a segunda titulación é un doutoramento.
 

A simultaneidade entre estudos da UVigo e doutra universidade estará sometida a esta Normativa.

Para simultanear unha titulación con outros estudos non presenciais (virtuais ou semipresenciais) se esixirán os mesmos requisitos e se aplicarán as mesmas limitacións de matrícula que se regulan para os estudos que se simultanean na UVigo. 

En caso de que outra universidade conceda a simultaneidade de estudos a un alumno que non reúna as condicións que se establecen nesta normativa, o estudante debe optar entre os dous estudos. En caso de non facelo, procederase a anular a matrícula nos estudios que cursa na UVigo.
 


 

Poderase simultanear a matrícula nun grao coa matrícula nun doutoramento na UVigo, sempre que o máximo de créditos matriculados nas dúas titulacións non superen os 78 ECTS
Tramitarase no Servizo de Xestión de Estudos de Grao se a segunda titulación é de grao e na EIDO se a segunda titulación é un doutoramento.

 

Cando e onde podo solicitar o título?

Unha vez superados os estudos universitarios conducentes á obtención dunha determinada titulación oficial, a persoa interesada poderá solicitar a expedición do correspondente título na secretaría virtual ou na unidade administrativa do centro onde se atope o seu expediente académico.

Documentación a presentar
  1. Solicitude de expedición do título, dirixida ao reitor da universidade. (É moi importante que no impreso de solicitude se indique expresamente, cando proceda, os acentos nos apelidos e/ou nome, para que os datos aparezan correctamente no título)
  2. Fotocopia do DNI, NIE, pasaporte ou documento do país no caso de alumnado estranxeiro.
  3. Acreditación do pago das taxas.

Completado o expediente, a universidade expedirá unha certificación supletoria provisional que substituirá ao título e gozará de idéntico valor, en tanto non se produza a súa expedición material. Será asinada polo reitor ou reitora e terá validez dun ano desde a data da súa emisión nas unidades administrativas do centro.

Exencións do pagamento dos prezos públicos

Estarán exentos do pagamento de dereitos por expedición de títulos universitarios oficiais:

  • O que obteña premio extraordinario polo Consello de Goberno desta universidade. 
  • As persoas beneficiarias de familia numerosa de categoría especial. 
  • As persoas beneficiarias de familia numerosa de categoría xeral, que aboarán o 50% dos dereitos de expedición
  • As persoas con discapacidade.
Onde podo retirar o título e que documentación se necesita?

Os títulos definitivos serán remitidos ás unidades administrativas dos centros, que procederán a realizar o aviso ás persoas interesadas para a súa recollida, unha vez efectuados os trámites oportunos.

O título deberá ser retirado persoalmente pola persoa interesada na unidade administrativa do centro, debendo acreditar a súa identidade (presentación do DNI, NIE ou pasaporte).

Se non pode recollelo persoalmente, poderá autorizar a outra persoa, sempre mediante poder notarial.

As persoas interesadas que residan nunha localidade distinta do centro no que realizaron os seus estudos, poderán solicitar mediante instancia dirixida ao reitor ou reitora, a remisión do título á delegación ou subdelegación do goberno (oficina de alta inspección de educación), embaixada ou oficina consular máis próxima ao seu lugar de residencia.
 
SOLICITUDE DE DUPLICADOS

Procederá a expedición de duplicados no suposto de que se produzan alteracións derivadas de cambio de nome, de nacionalidade ou de calquera outra causa. Tamén nos casos de extravío, destrución ou deterioro.

O procedemento iniciarase de oficio, cando a causa sexa imputable a administración ou a instancia da persoa interesada, cando a causa lle sexa imputable a esta, no centro onde solicitou o título.

O importe dos prezos públicos por expedición de duplicado será a costa do solicitante cando lle sexa imputable a causa do mesmo.

No caso de extravío do título será requisito previo e indispensable, a publicación no BOE dun anuncio para propiciar, no seu caso, as oportunas reclamacións. Nas unidades administrativas dos centros informarán detalladamente dos pasos a seguir. Pasado o prazo regulamentario de 30 días hábiles desde a publicación do anuncio, sen que haxa reclamacións, a persoa interesada poderá solicitar a expedición de duplicado do título.

Documentación a presentar
  • Instancia da persoa interesada 
  • Título orixinal 
  • Copia en vigor do DNI ou, no seu caso, o pasaporte, se o motivo do duplicado é un cambio de datos persoais 
  • Certificado do rexistro civil para os supostos de cambio de apelidos e/ou nome ou nacionalidade 
  • Copia da publicación do anuncio do extravío do título no BOE, cando proceda 
  • Acreditación do pagamentos das taxas, cando proceda
  • Solicitude do familiar e copia do certificado de defunción no caso de falecemento do titular

 
SOLICITUDES DE SET

Superados os estudos de grao, máster ou doutoramento, as persoas interesadas poderán solicitar a expedición do Suplemento Europeo ao Título. A expedición deste terá carácter gratuíto.
 

Un certificado académico persoal é o  documento expedido pola Uvigo (en galego, español/inglés), a instancia da/do aluma/o, no que se acredita o estado do expediente académico do estudante no momento da solicitude.

Contido

Datos persoais do/a alumno/a, acceso á universidade e á titulación, resumo de créditos da titulación e créditos superados, materias cursadas coas calcificacións obtidas, anos académicos cursados, recoñecementos, se procede, e nota media da titulación.

Requisito

Deben aboarse previamente os prezos públicos (taxas) correspondentes segundo o establecido no decreto, aprobado pola Xunta de Galicia, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos, vixente en cada curso académico.

Non precisa o pagamento de prezos públicos:

  • As certificacións académicas para solicitantes de bolsa de calquera organismo público ou privado, sempre e cando na certificación se faga constar "que se expide aos únicos efectos de presentación de solicitude de bolsa".
  • As certificacións académicas para achegar a calquera procedemento da Universidade de Vigo, sempre e cando na certificación se faga constar "que se expide aos únicos efectos de presentación de...".
  • As certificacións académicas en varios idiomas (galego, castelán e inglés) aboaranse unha soa vez os prezos públicos establecidos, sempre e cando corresponda a un mesmo acto administrativo, é dicir, a solicitude sexa realizada no mesmo momento.
Solicitude

Realizarase polo interesado ou representante debidamente autorizado, en calquera momento

Documentación
  • Xustificante de ter aboadas as taxas académicas asociadas a este trámite
Órgano encargado da tramitación

Persoal das áreas académicas de grao das Facultades/Escolas (secretarías de alumnado)

Entrega 

As certificación académicas conteñen datos de carácter persoal e, en cumprimento da Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal, só se entregarán á persoa interesada ou a persoa debidamente autorizada na unidade administrativa correspondente.

 

Máis información:

Servizo de Xestión de Estudos de Grao
+34 986 813 607 | 986 813 609
soporte.grao@uvigo.gal