Probas de acceso á universidade

 

As probas de acceso en Galicia (ABAU, probas de maiores de 25 e 45 anos) están organizadas por unha comisión interuniversitaria (CIUG), na que están representadas as tres universidades galegas, polo que o acceso na nosa comunidade faise de maneira conxunta.

O programa no que se xestiona a matrícula, se consultan as notas e se fan as reclamacións é 

NERTA

 

Unha vez finalizado o bacharelato, para poder acceder a un grao universitario, os estudantes deberán superar a Avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) que organiza a CIUG.

Tamén deberán realizar a parte voluntaria desta proba, aquelas persoas que necesiten mellorar a súa cualificación.

 

Poderán concorrer a esta proba as persoas maiores de 25 anos de idade no ano natural no que se celebre a proba, que non posúan ningunha titulación académica que dea acceso á universidade por outras vías.

A proba estructúrase en dúas fases:

Fase xeral

Comprenderá catro exercicios:

1.º Exercicio Comentario dun texto ou desenvolvemento dun tema xeral de actualidade.

2.º Exercicio Lingua castelá.

3.º Exercicio Lingua galega.

4.º Exercicio Lingua estranxeira, elixible entre: alemán, francés, inglés, italiano ou portugués.

Os candidatos e candidatas que acrediten residencia fóra de Galicia por un período ininterrompido superior aos catro últimos anos, poderán solicitar, no momento de se matricularen, a exención do exercicio de lingua galega. Será a CIUG a que comunicará aos candidatos ou candidatas a concesión ou non da exención.

Fase específica

A fase específica estruturarase nas cinco opcións seguintes vinculadas coas cinco ramas do coñecemento:

OPCIÓN A: Artes e Humanidades.

OPCIÓN B: Ciencias.

OPCIÓN C: Ciencias da Saúde.

OPCIÓN D: Ciencias Sociais e Xurídicas.

OPCIÓN E: Enxeñaría e Arquitectura.

A fase específica constará de dúas materias obrigatorias para cada opción e unha materia optativa para escoller polo alumnado no momento de matricularse entre as materias que se ofertan para cada opción.

 

OPCIÓNS OBRIGATORIAS OPTATIVAS

A

Artes e Humanidades

  • Historia da Arte
  • Xeografía
  • Debuxo Artístico
  • Latín
  • Literatura Universal
  • Volume

B

Ciencias

  • Matemáticas
  • Química
  • Bioloxía
  • Ciencias da Terra e Ambientais
  • Física

C

Ciencias da Saúde

  • Bioloxía
  • Química
  • Ciencias da Terra e Ambientais
  • Física
  • Matemáticas

D

Ciencias Sociais e Xurídicas

  • Historia do Mundo Contemporáneo
  • Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais
  • Economía da Empresa
  • Literatura Universal
  • Xeografía

E

Enxeñaría e Arquitectura

  • Física
  • Matemáticas
  • Ciencias da Terra e Ambientais
  • Debuxo Técnico
  • Química

 Os candidatos e candidatas deberán realizar a fase específica na opción da súa elección, no caso de empate corresponderalles preferentemente, a efectos de ingreso, aquelas ensinanzas universitarias oficiais de grao ofertadas polas universidades que estean vinculadas a cada unha das opcións.

 

Cada un dos exercicios da fase xeral e da específica terá unha duración máxima dunha hora e media. Establecerase un intervalo mínimo de 30 minutos entre o final dun exercicio e o comezo do seguinte.

Poderase empregar calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma de Galicia. Non obstante, os exercicios correspondentes a lingua castelá, lingua galega e lingua estranxeira deberán realizarse nos seus respectivos idiomas.

 

A proba terá como obxectivo apreciar a madurez e idoneidade dos candidatos e candidatas para seguiren con éxito estudos universitarios, así como a súa capacidade de razoamento e de expresión escrita.

Comprenderá tres exercicios:

1.º Exercicio Comentario dun texto ou desenvolvemento dun tema xeral de actualidade.

2.º Exercicio Lingua castelá.

3.º Exercicio Lingua galega.

Os candidatos e candidatas que superen a proba deberán realizar unha entrevista persoal no lugar que determine a comisión organizadora. Do resultado da entrevista deberá elevarse unha resolución de apto ou apta como condición necesaria para a posterior resolución favorable de admisión da persoa interesada.

Ademais, o alumnado deberá presentar, xunto á solicitude de matrícula, un currículum vitae para seren empregado na entrevista persoal.

Os candidatos e candidatas que acrediten residencia fóra de Galicia por un periodo ininterrompido superior aos catro últimos anos, poderán solicitar, no momento de se matricularen, a exención do exercicio e lingua galega. Será a CIUG a que comunicará aos candidatos ou candidatas a concesión ou non da exención.

Cada un dos exercicios da proba terá unha duración máxima dunha hora e media. Establecerase un intervalo mínimo de 30 minutos entre o final dun exercicio e o comezo do seguinte.

Para a realización dos exercicios, os candidatos/as poderán empregar, a súa elección, calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma. Os exercicios correspondentes a lingua castelá e lingua galega deberán desenvolverse nos seus respectivos idiomas.

 

Quen desexe acceder ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte na UVigo ademáis de solicitar a admisión (preinscrición) a través dos procedementos telemáticos que estableza a CIUG, terá que realizar as probas específicas de aptitude.

Non terá que realizar esta proba:

  • Quen teña superadas as probas no ano anterior á convocatoria, en calquera facultade do sistema universitario español (por exemplo, para esta convocatoria de 2018 non estará obrigado quen as fixo e superou no ano 2017)
  • Quen estea acreditado como deportistas de alto nivel ou de alto rendemento polo Consello Superior de Deportes ou polo organismo competente da comunidade autónoma.

 

 

Xestións asociadas ás probas

Traslado de expediente

Estudantes procedentes de bacharelato

Os estudantes que superaron a proba de acceso na Universidade de Vigo e desexen iniciar estudos noutra universidade, deberán solicitar traslado de expediente. A continuación, detállase o procedemento a seguir.

Todos aqueles estudantes que, cando solicitan o traslado, estean matriculados na Universidade de Vigo ou noutra universidade galega ou española, deberán anular a citada matrícula polo procedemento e dentro dos prazos establecidos por cada unha delas.

Na universidade de destino deberedes entregar unha copia do resgardo de taxas que se imprime da páxina da Universidade de Vigo e copia da solicitude asinada por ti.

Procedemento de solicitude traslado 

  • 1.º paso:
    • Entrar en https://matricula.uvigo.es e darse de alta na secretaría virtual do estudante da Universidade de Vigo.
      • Unha vez rematada a alta, e sen sair da aplicación, picar no apartado "Autoliquidacións" da secretaría (menú da esquerda-Apartado taxas) e xerar as taxas de traslado de expediente ou de certificación de selectividade
      • Escoller a forma de pago (tarxeta ou efectivo). No caso de efectivo, o programa xerará un PDF, con varias páxinas, que haberá que imprimir e levar ao Banco indicado para facer o pago requirido
  • 2.º paso:
  • 3.º paso:
    • Enviar ao SIE (no caso de realizar a proba en Vigo) ou as Áreas de Servizos á Comunidade de Ourense (se a proba se realizou en Ourense) e de Pontevedra (no caso de realizar a proba en Pontevedra) a documentación requirida en cada caso

Documentación precisa para realizar o traslado

  • Impreso solicitude asinado
  • Resgardo de pagamento das taxas de traslado (selado polo banco no caso de pago en efectivo)
  • Fotocopia do DNI
  • Fotocopia da carta de admisión ou matrícula da universidade de destino

Formas de presentación da documentación

  • Presencialmente:
    • SIE (Edificio Miralles. Campus Lagoas-Marcosende sn, 36310. Vigo)
    • Área de Servizos á Comunidade (Edificio Administrativo. Campus As Lagoas. 32004 Ourense)
    • Área de Servizos á Comunidade (Esc. de Enxeñaría Forestal. Campus A Xunqueira. Pontevedra)
  • A través dos rexistros xeral ou auxiliares da Universidade de Vigo 
  • Por correo postal, aos enderezos citados anteriormente
  • Por correo electrónico, ao campus correspondente:
    • Vigo: sie@uvigo.es
    • Ourense: asc-ou@uvigo.es
    • Pontevedra: asc-po@uvigo.es 

 

Solicitude dun duplicado da tarxeta de selectividade

Se fixeches a proba de acceso á universidade en Galicia antes do ano 1993, a solicitude de duplicado debe facerse á Universidade de Santiago de Compostela. Podes contactar con eles a través do enderezo electrónico: sxa@usc.es

Se fixeches a selectividade no ano 1993 ou posteriores, podes solicitala no LERD seguindo o procedemento citado a continuación:

Procedemento de solicitude de tarxeta de selectividade

1.º paso: 

  • Entrar en https://matricula.uvigo.es e darse de alta na Secretaría Virtual do Estudante da Universidade de Vigo.
  • Unha vez rematada a alta, e sen sair da aplicación, picar no apartado "Autoliquidacións" da secretaría (menú da esquerda-Apartado taxas) e xerar as taxas de traslado de expediente ou de certificación de selectividade.
  • Escoller a forma de pago (tarxeta ou efectivo). No caso de efectivo, o programa xerará un PDF, con varias páxinas, que haberá que imprimir e levar ao banco indicado para facer o pago requirido.

2.º paso:

Enviar ao SIE (no caso de realizar a proba en Vigo) ou as Áreas de Servizos á Comunidade de Ourense (se a proba se realizou en Ourense) e de Pontevedra (no caso de realizar a proba en Pontevedra) a documentación requirida en cada caso:

 

Documentación Tarxeta de selectividade

Resgardo de pagamento das taxas de emisión de certificado (selado polo banco no caso de pago en efectivo).

Fotocopia de DNI

Formas de presentación da documentación:

- Presencialmente:

  • SIE (Edificio Miralles. Campus Lagoas-Marcosende sn, 36310. Vigo)
  • Área de Servizos á Comunidade (Edificio Administrativo. Campus As Lagoas. 32004 Ourense)
  • Área de Servizos á Comunidade (Esc. de Enxeñaría Forestal. Campus A Xunqueira. Pontevedra)
  •  

- A través dos rexistros xeral ou auxiliares da Universidade de Vigo (campus Lagoas-Marcosende, Torrecedeira, Pontevedra ou Ourense)


- Por correo postal, aos enderezos citados anteriormente


- Por correo electrónico, ao campus correspondente:

  • Vigo: sie@uvigo.es
  • Ourense: asc-ou@uvigo.es
  • Pontevedra: asc-po@uvigo.es