Servizo de publicacións
O Servizo de Publicacións ten como funcións principais a edición, difusión e intercambio do labor investigador realizado na universidade e doutras obras de interese cultural e científico
A este servizo, dependente da Vicerreitoría de Investigación, correspóndelle o desenvolvemento e realización de edicións de libros, monografías e publicacións periódicas. Unha comisión presidida polo director e formada por representantes do profesorado, do alumnado e do persoal de administración, establecerá a prioridade nas edicións e velará pola eficacia e calidade do servizo. A edición, distribución, intercambio e venda de publicacións da Universidade de Vigo correspóndelle en exclusiva a este servizo, agás que o Consello de Goberno autorice expresamente outra cousa.
Desde o ano 1993, data de fundación do Servizo de Publicacións, publicáronse máis de 380 títulos. Nestes últimos anos este servizo experimentou un desenvolvemento no número de obras publicadas.
O Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo é membro da Unión de Editoriales Universitarias Españolas (UNE).
Catálogo: libros e revistas
O Servizo de Publicacións pon á disposición dos usuarios e usuarias un catálogo que contén a información completa das publicacións do servizo ordenadas polas coleccións nas que aparecen: monografías de humanidades e ciencias xurídico-sociais (banda vermella), monografías científico-tecnolóxicas (banda azul), manuais docentes (banda verde), actas de congresos (banda amarela) Asemade, publícanse homenaxes, clásicos da ciencia, breviarios de divulgación do saber, materiais lingüísticos e volumes especiais fóra de colección.
Desde o ano 2020, dentro da nosa politica de fomento do acceso aberto gratuíto e transcorridos 18 meses desde a posta en circulación dos exemplares, as obras publicadas pasan a comunicación pública baixo a licenza Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 4.0. Desde a súa ficha, os volumes pódense consultar en acceso aberto gratuíto a través do catálogo dispoñible nesta páxina.
Revistas UVigo é a páxina web oficial do Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo que aloxa as revistas que edita o servizo en formato electrónico aberto co sistema Open Journal System.
Puntos de venda ao público e distribución
Consorcio Editorial Galego, S.A. | Avda. da Estación, 25 36812 Redondela +34 986 405 051 pedimentos@coegal.com |
web |
Librería Versus | Rúa de Venezuela, 80 36204 Vigo +34 986 420 223 versuslibreria@yahoo.es |
|
Libraría Cartabón | Rúa de Urzáiz, 125 36205 Vigo +34 986 372 883 |
web |
Librería Mendinho | Avda. de Castelao, 7 36209 Vigo +34 986 296 702 |
|
Kathedra Librería Universitaria | Rúa de Valle Inclán, 14 32004 Ourense +34 988 224 451 info@kathedra.com |
web |
Librería Eixo | Rúa do Cardenal Quevedo, 36 32004 Ourense +34 988 255 983 info@libreriaeixo.com |
web |
Libraría Paz | Rúa da Peregrina, 29 36001 Pontevedra +34 986 860 471 info@librariapaz.gal |
web |
Librería Metáfora | Rúa de Charino, 9 36002 Pontevedra +34 986 864 502 metafora@puentelibros.com |
|
Grupo Libromares | Avenida del Sur, 8 Polígono La Postura 28343 Valdemoro (Madrid) +34 913 541 671 pedidos@libromares.com |
web |
Pórtico Librerías, S.L. | Rúa Muñoz Seca, 6 50005 Zaragoza +34 976 350 303; +34 976 557 039 portico@porticolibrerias.es; distrib@porticolibrerias.es |
web |
Unebook, Libros Universitarios | Librería da UNE info@unebook.es |
web |
ES (Espacio UNE, Librería do BOE) | Rúa Trafalgar, 27 28010 Madrid +34 913 697 253; +34 915 996 691 pedidos@unebook.es; libreria@une.es |
web |
Publicacions Universitat de València | Arts Gràfiques, 13, annex Geogr. 46010 Valencia +34 963 864 115 llibreria@uv.es |
web |
Convocatorias do Servizo de Publicacións
A través da seguinte ligazón podes acceder ás convocatorias publicadas polo Servizo de Publicacións.
Máis información:
Servizo de Publicacións
Edificio da Biblioteca Central
Rúa Leonardo da Vinci, s/n
36310 Vigo
sep@uvigo.gal
+34 986 812 235