HR excelencia en investigación
En 2017 a Comisión Europea recoñeceu a UVigo coa acreditación HR Excellence in Research Award e tamén co selo de excelencia.
O recoñecemento HR Excellence in Research representa o noso compromiso para mellorar continuamente e facer progresos aliñando as nosas estratexias e políticas de recursos humanos cos 40 principios da Carta europea para o persoal investigador e do Código de conduta para a contratación de persoal investigador.
A carta e o código (C&C) reúnen un conxunto de principios e exixencias xerais para o persoal investigador e tamén para as entidades empregadoras e/ou financiadoras. A súa implantación por parte das institucións de investigación vólveas máis atractivas para o persoal que busca un nova entidade empregadora ou para un anfitrión para o seu proxecto de investigación.
O programa HR da CE apoia as institucións de investigación e as organizacións financiadoras na aplicación da carta e do código nas súas políticas e prácticas, co obxectivo de contribuír á consolidación dun espazo europeo de investigación (ERA, European Research Area) unificado e aberto ao mundo, baseado nun mercado interior no que persoal investigador, coñecemento científico e tecnoloxía circulen libremente.
O selo de excelencia é un prestixioso respaldo deseñado para apoiar a destacados solicitantes das Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA) cuxas propostas mostran un potencial excepcional pero que non poden ser financiadas co presuposto actual da CE.
Infografía da carta europea do persoal investigador
Estratexia HR Excellence in Research na UVigo
A UVigo adquiriu o compromiso de implantar estes estándares en 2016. Un equipo multidisciplinar liderou un traballo de análise interna, con representantes dos órganos de goberno e de investigadores de todos os campos de coñecemento. Esta análise GAP resultou na identificación de áreas de mellora e na definición dunha estratexia de implantación dos principios da Carta e do Código personalizada (plan de acción 2017-2019).
Durante a implantación deste plan de acción identificáronse novos obxectivos e áreas de mellora, como se reflexa no informe de revisión intermedia e no plan de acción revisado (2019-2022).
A avaliación intermedia da CE en 2019 tivo un resultado favorable. A avaliación externa, realizada entre 2022 e 2023, obtivo un resultado favorable, o que permitiu renovar a acreditación do selo.
Plan de acción completo en inglés (2023-2030)
Documentación
Consulta a documentación institucional asociada a este proceso:
Ciclo 2 (2023-2026)
- Plan de acción - Further improved Action Plan (2023-2026)
- Plan de acción completo en inglés (2023-2026)
- Presentación do Plan de acción 2023-2026
- Síntese de resultados do Plan de acción 2026
- Informe de revisión (Internal Review) 2026
- Aprobación do Consello de Goberno
Ciclo 1 (2017-2022)
- Análise GAP (2016)
- Plan de acción inicial (2017-2019)
- Acreditación HR Award (2017)
- Informe intermedio 2019 e Plan de acción revisado (2019-2022)
- Informe final 2022 e Plan de acción mellorado (2022-2023)
- Informe de avaliación intermedia - HR Interim Assessment Report (2019)
- Informe de avaliación externa: fase de renovación do selo (2023)
Estratexia OTM-R: selección e contratación abertas e transparentes
A estratexia de contratación de persoal investigador ten como referencia os principios de selección e contratación abertas, transparentes, baseadas en méritos e internacionalmente comparables (OTM-R) definidos no código.
A Universidade recoñece a necesidade de que os centros de investigación e outras unidades de I+D+i estean en condicións de contratar persoal investigador do xeito máis áxil posible, á vez que se adhiren aos métodos de mellores prácticas de selección e contratactión consonte a lexislación vixente.
HR Research asiste e asesora tanto aos solicitantes como aos centros de investigación, unidades e servizos de I+D+i na contratación de persoal investigador.
- Análise OTM-R
- Política de OTM-R da UVigo aprobada no consello de goberno de 26 do decembro de 2023 GL | ES | EN
Contratación na UVigo
Se queres saber máis sobre o procedemento para a contratación do persoal investigador na Universidade de Vigo, preme aquí.
ERA Talent Platform
Portal único para o persoal investigador e innovador en Europa e fóra dela.
Plans institucionais
A Universidade de Vigo conta con diferentes instrumentos de planificación estratéxica que definen as liñas xerais de actuación da institución.
Recursos gráficos HR
- Recursos e visibilización
- Logotipo (pdf | png | svg)
- Modelo de presentación (pdf | ppt)
- Modelo de document word
- Sinatura de correo electrónico
- Infografía da Carta europea do persoal de investigación
Vicerreitoría de Investigación
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 597
vicinv@uvigo.gal
Área de Calidade
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 811 988
tscalidade3@uvigo.gal
Selo HR
Edificio Filomena Dato
As Lagoas Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 325
selohr@uvigo.gal




