Integridade científica e boas prácticas
A integridade científica correspóndese cun patrón de conduta en investigación caracterizado pola observancia e promoción de principios éticos e deontolóxicos que inspiran e garanten unha praxe rigorosa, responsable e fiable libre de influencias indebidas (incluídas as inxerencias estranxeiras e os conflitos de intereses).
O persoal investigador debe enfocar o seu traballo con honradez, fiabilidade, obxectividade, imparcialidade e independencia, comunicación aberta, deber de dilixencia, equidade e responsabilidade respecto das futuras xeracións da ciencia.
Boas prácticas na investigación
As boas prácticas científicas son un conxunto de accións e comportamentos individuais e organizacionais baseados nos valores fundamentais da ciencia que expresan os principios e responsabilidades que comporta a integridade científica.
As boas prácticas científicas sosteñen a conduta responsable en investigación.
Desenvólvense a través dun conxunto de pautas de actuación, recomendacións e compromisos sobre a realización de actividades de investigación.
- Guía de boas prácticas en investigación na UVigo (aprobada polo Consello de Goberno o 20 de marzo de 2018) (gl | en)
- Recomendacións éticas para investigar na Universidade de Vigo (gl | en)
- Protección de datos
Boas prácticas no doutoramento
Intercambio de boas prácticas
O intercambio e difusión de boas prácticas sobre os sistemas de investigación e innovación contribúe a potenciar a colaboración, mellorar as capacidades e dotar de maior eficiencia ás actividades de investigación e transferencia, así como aumentar o atractivo e visibilidade internacionais.
Vicerrectorado de Investigación, Transferencia e Innovación
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 597
vicinv@uvigo.gal