Proxectos de investigación

+36 M €
FINANCIAMENTO PÚBLICO
E PRIVADO
13 M €
PROXECTOS EUROPEOS
DE INVESTIGACIÓN
1,5 M €
PROXECTOS EUROPEOS
DE EDUCACIÓN
5,5 M €
PROXECTOS NACIONAIS
2,9 M €
PROXECTOS AUTONÓMICOS
2,2 M €
PROXECTOS
DE TRANSFERENCIA
4,58 M €
CONVOCATORIAS ESPECIAIS
6,6 M €
ACTIVIDADES DE I+D
0,15 M €
PROXECTOS
DE DIVULGACIÓN
Datos de 2023
Proxectos internacionais
A Oficina de Proxectos Internacionais (OPI) ofrece información dos proxectos internacionais de investigación nos que participa a Universidade de Vigo organizados por programa:
Máis información:
Oficina de Proxectos Internacionais
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 287
opi@uvigo.gal
Proxectos nacionais
- Proxectos de I+D+i modalidades «Retos investigación» e «Xeración de coñecemento» 2019-2020
- Proxectos de I+D+I «Retos colaboración» 2019
- Proxectos «Explora ciencia» e «Explora tecnoloxía» 2015 e 2017
- Accións de dinamización «Europa investigación» 2015, 2017 e 2019
- Proxectos de «Xeración de coñecemento» 2021, 2022 e 2023
- Proxectos de colaboración internacional 2023 e 2024
- Accións e proxectos de I+D+i «Programación conxunta internacional» 2015-2019
- Proyectos de I+D+I modalidades «Retos investigación», «Excelencia», «Xeración de coñecemento», «Investigación non orientada» e «Investigación orientada» 2015-2018
- Proxectos de I+D+I «Retos colaboración» 2016-2017
- Proxectos de I+D+I para «Investigadores novos» 2015
- Axudas para a adquisición de equipamento científico-técnico 2015, 2018 e 2019
- Proxectos de I+D+i para a realización de «Proba de concepto» 2021 e 2022
- Proxectos I+D+i en «liñas estratéxicas» 2021 e 2022
- Proxectos estratéxicos orientados á «Transición ecolóxica e á transición dixital» 2021
- Proxectos de colaboración público-privada 2021 e 2022
- Proxectos de I+D+I «Programación conxunta internacional» 2020-2021
- Proxectos de colaboración internacional 2021 e 2022
- Axudas para a adquisición de equipamento científico-técnico 2021
- Proxectos financiados polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia e os fondos europeos Next Generation EU, no marco do Real decreto 1155/2021, do 28 de decembro, polo que se establecen as bases reguladoras das subvencións a agrupacións de entidades que realicen proxectos en materia de crecemento azul no sector pesqueiro e da acuicultura, e convocados para 2022 e 2023.
- Proxectos financiados polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia e os fondos europeos Next Generation EU, no marco do Real decreto 685/2021, do 3 de agosto, polo que se establecen as bases reguladoras de subvencións a agrupacións de entidades que realicen proxectos de investimento e reforma en materia de investigación para o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e o equilibrio da cadea de comercialización no sector pesqueiro e da acuicultura no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e convocados para 2021
Máis información:
Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 420
proxectos.investigacion@uvigo.gal
Proxectos autonómicos
Na seguinte ligazón podes consultar o histórico das axudas da Xunta de Galicia a grupos de referencia competitiva, grupos con potencial de crecemento e a proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente, para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema galego de I+D+i.
Máis información:
Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 753
xefatura.investigacion.said@uvigo.gal
Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 597
vicinv@uvigo.gal