I+D colaborativa

Desde as políticas públicas de I+D+i tanto estatais como autonómicas e comunitarias, estimulanse as actividades de innovación aberta, a interacción entre os axentes do sistema de innovación e a I+D colaborativa.

Nos proxectos colaborativos, as entidades participantes fano en igualdade de condicións, poñendo en xogo os seus recursos, os seus coñecementos previos, asumindo riscos e repartindo beneficios e resultados segundo as súas porcentaxes de participación. A UVigo perfílase como aliada estratéxica en proxectos de I+D+i desta natureza.

Na maioría dos casos, os proxectos contan con marcos de financiamento público, que requiren, ademais, que se estableza un acordo de agrupación para regular as condicións de execución do proxecto entre as partes, todo ao abeiro da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

 

Modelo de acordo de agrupación

  •  Acordo de agrupación baseado no modelo creado pola RedOTC (ES)

Convocatorias de I+D colaborativa e de transferencia

Obxectivo: impulsar a innovación nas administracións públicas a través do uso de evidencias científicas no proceso de formulación de políticas públicas; e da promoción de actividades de transferencia de coñecemento e asesoramento científico entre as administracións públicas e a comunidade científica.

Destinatarios: Organismos de investigación, universidades, entidades sanitarias, centros tecnolóxicos, centros de I+D e outros actores que promovan a transferencia da I+D.

Participación da UVigo: beneficiaria

Modalidades: financiaranse 2 categorías de proxectos:


a. Proxectos de innovación pública orientados a obter novas evidencias científicas que servan para mellorar o deseño dunha política pública.

  • a1-Estudios piloto de políticas públicas dirixidos a:
    • Probar nun piloto a pequena escala a implementación dun instrumento de política pública e avaliar a súa viabilidade e a aceptación dos beneficiarios.
    • Avaliar nun piloto a pequena escala se un instrumento logra os seus resultados esperados.
  • a2-Outros proxectos orientados a mellorar o deseño dunha política pública. A fin do proxecto debe ser actualizar o diagnóstico do contexto da política pública e/ou revisar a planificación e a lóxica da intervención, os obxectivos e a selección de instrumentos da política pública.

b) Proyectos encamiñados a incrementar a cultura da innovación das administracións públicas mediante programas e actividades de transferencia de coñecemento e de asesoramento científico entre a comunidade científica e as administracións públicas.

Condicións: subvencións de ata o 90% do custe total do proxecto, cun límite máximo de 100.000 € (para a categoría a) e 25.000 € (para la categoría b). Periodo de execución máximo de 24 meses. Para participar é imprescindible que os proxectos vaian apoiados mediante unha carta dunha administración pública, pola que se compromete a colaborar no proxecto. Na categoría a) será requisito que o responsable do proxecto teña o título de doutor.

Prazo: 1 de xullo - 1 de outubro de 2026 ás 13:00 hr

Enlace: Convocatoria de innovación pública de FECYT

Obxectivo: Financiación de proxectos de I+D en cooperación, liderados por empresas, desarrollados nun dos ámbitos tecnolóxicos STEP:

A) Tecnoloxías digitais.

B) Tecnoloxías limpas e eficientes no uso dos recursos.

C) Biotecnoloxía.

Participación da UVigo: subcontratada

Destinatarios: agrupacións de empresas formadas por un mínimo de dúas empresas e un máximo de seis, incluido polo menos unha peme. Ademáis, o desenvolvemento das actividades obxecto da axuda deberá ter lugar obrigatoriamente en, como mínimo, dúas empresas de dúas comunidades autónomas elexibles, entre elas Galicia.

Condicións: Subvencións de ata un 80% para pemes e 65% para grandes empresas. O orzamento do proxecto estará entre 1-4M€, sendo obrigatorio que como mínimo un 10% do orzamento elexible se subcontrate a organismos de investigación.

Apertura: outubro 2026 – novembro 2026

Enlace: INNTERCONECTA - STEP | CDTI

Obxectivo: fortalecemento das capacidades de innovación das PEMES e empresas de mediana capitalización, mediante a contratación de actividades de I+D a centros xeneradores de coñecemento ou a execución de proxectos de I+D en colaboración con estas entidades, nalgunha das tecnoloxías prioritarias "Cervera".

Tecnoloxías prioritarias "Cervera": 

  • Materiais avanzados 
  • Economía circular 
  • Transición enerxética 
  • Fabricación intelixente 
  • Tecnoloxías para a saúde
  • Cadea alimentaria segura e saludable 
  • Deep learning e Intelixencia Artificial 
  • Redes móviles avanzadas 
  • Transporte intelixente 
  • Protección da información 
  • Computación cuántica 

Destinatarios: PEMEs e MIDCAPs 

Participación da UVigo: subcontratada 

Condicións: préstamo parcialmente reembolsable (ata 90% do orzamento segundo os límites de intensidade de axuda da normativa comunitaria). Tramo non reembolsable do 33%. Devolución en 10-15 anos con periodo de carencia. Subcontratación entre o 10% e o 65% do orzamento. 

Prazo: abierta todo o ano 

Enlace: Proyectos de I+D de Transferencia Tecnológica Cervera | CDTI

Obxectivo: axudas a proxectos de I+D desenvolvidos por empresas e destinados á creación e mellora significativa de procesos produtivos, produtos ou servicios.

Participación da UVigo: subcontratada 

Condicións: préstamo parcialmente reembolsable (ata 85% do orzamento segundo os límites de intensidade de axuda da normativa comunitaria). Tramo non reembolsable do 10-33%. Devolución en 10-15 anos con periodo de carencia. Subcontratación máxima do 65% do orzamento. 

Prazo: aberta todo o ano

Enlace: Proyectos de I + D | CDTI

Os PCTI son unha modalidade de axuda ofrecida polo CDTI que permite que empresas españolas poidan participar en proxectos de investigación e desenvolvemento (I+D) en colaboración con socios extranxeiros, para desarrollar novas tecnoloxías, produtos, servicios ou procesos. Engloban distintos programas:

  • Programas multilaterais: nos que interveñen varios países á vez. Aquí se inclúen iniciativas como EUREKA, Partenariados cofinanciados, IBEROEKA e PRIMA.
  • Programas bilaterais: Consorcios entre unha empresa española e polo menos un socio (empresa ou entidade) en outro país, mediante acordos entre o CDTI e axencias/organismos homólogos nestes países.
  • Proxectos unilaterais: Proxectos bilaterais nos que a parte internacional se xestiona fora do sistema de axudas dos países socios, pero a empresa española se acolle ao apoio do CDTI.

A participación da Universidade de Vigo realizase mediante subcontratación por parte das empresas.

Entre as distintas modalidades destaca EUREKA (https://www.eurekanetwork.org/), que é unha iniciativa intergubernamental orientada a promover a cooperación internacional en investigación, desarrollo e innovación (I+D+i).

Naceu en 1985 coa sinatura da chamada Declaración de Hannover por parte de varios países europeos e a entonces Comunidade Europea. Actualmente agrupa decenas de países (incluíndo moitos de Europa e países asociados fora de Europa) e tamén conta coa participación da Comisión Europea.

A iniciativa EUREKA ten como meta impulsar a competitividade das empresas e economías dos seus países membros estimulando a innovación a través de proxectos tecnolóxicos cooperativos entre empresas, centros de investigación e universidades de distintos países, orientados ao desenvolvemento de productos, procesos ou servicios con viabilidade comercial. Apoia en especial ás pequenas e medianas empresas (PEMEs) e promove a transferencia tecnolóxica, a cooperación transnacional, e a internacionalización de empresas innovadoras. Calquera ámbito tecnolóxico ou industrial pode ser obxecto de proxecto, sempre que haxa carácter innovador.

Cada país membro financia ás suas propias entidades participantes a través das suas axencias nacionais (en España o CDTI) mentres EUREKA actúa como plataforma de coordinación, validación e outorgando un “selo de calidade” aos proxectos de colaboración internacional, que permite o acceso a financiación pública nos países participantes (polo menos dous países distintos). O habitual é que as empresas españolas accedan a préstamos moi ventaxosos cun tramo non reembolsable, aínda que en determinadas anualidades a convocatoria INNOGLOBAL pode aportar fondos FEDER en forma de subvención.

Entre os programas de EUREKA, paga a pena destacar as convocatorias Eureka Networks, os Clusters Eureka, Globalstars ou Eurostars-3. Este último é un instrumento dentro da "Asociación Europea de Pymes Innovadoras" establecida entre Eureka e a Comisión Europea que apoia os proyectos de I+D próximos ao mercado liderados por pymes innovadoras e desarrollados en cooperación internacional. A financiación das empresas españolas no Programa Eurostars-3 realizase a cargo dos fondos CDTI (75%) e á contribución da Unión Europea (25%) para este programa. Este apoio financeiro realizase a través de convocatorias de asignación directa xestionadas polo CDTI, denominadas Interempresas Internacional (CIIP) das que só poden ser beneficiarias as pemes que desarrollen os proxectos previamente aprobados nas convocatorias do Programa Eurostars-3.

Para ampliar información e solicitar asesoramento sobre estas e outras convocatorias, poden escribir a otc.proxectos@uvigo.gal

 

Oficina de I+D
Edificio Filomena Dato, 1.º andar
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 812 236
otc@uvigo.gal | directorio


Unidade Administrativa
Campus universitario
32004 Ourense
+34 988 387 044
otc.ourense@uvigo.gal | directorio