Técnico de laboratorio soldando cunha máscara

Empresas baseadas no coñecemento

A Oficina de I+D contribúe á posta en marcha de iniciativas empresariais emprendidas co ánimo de explotar os resultados obtidos como consecuencia da nosa actividade investigadora.

Contribuímos á creación de tecido empresarial a partir do coñecemento desenvolvido no seo da universidade, implicando o persoal investigador e transferindo os resultados da I+D á nova empresa para a súa explotación.

Catálogo de empresas baseadas no coñecemento

Logotipo da spin-off Aguas de Rodas

Aguas de Rodas
Caracterización e recollida de auga mariña profunda da contorna do Parque Nacional Illas Atlánticas para diversos usos de consumo humano.

Logotipo da spin-off Alén Space

Alén Space
Servizos de consultoría, deseño, fabricación e operación de pequenos satélites. Solucións integrais chave en man para misións no espazo.

Logotipo da spinoff aquiax

Aquiax
Empresa deep-tech especializada en acuicultura de precisión, que desenvolve solucións baseadas en intelixencia artificial, visión artificial, análise de datos, robótica e automatización.

Logotipo da spin-off CAT Diagnostics

CAT Diagnostics
Na procura dunha mellor saúde individual e poboacional mediante a adecuada diagnose de hipertensión verdadeira e así reducir a carga da enfermidade cardiovascular, metabólica e renal.

Logotipo da spin-off Ceo2 Green

Ceo2 Green
Resposta á necesidade actual de constante evolución nas tecnoloxías utilizadas nos eidos das enerxías renovables, da calefacción, da climatización e da refrixeración.

Logotipo da spin-off Codelab 17

Codelab 17
Empresa derivada orientada á análise, ao deseño e ao desenvolvemento de solucións fullstack para empresas principalmente do sector enerxético.

Logotipo da spin-off Coderiam

Coderiam
Ideas innovadoras e eficientes no tempo para o control de máquinas. Optimización de microprogramas para maquinaria e deseño de electrónica ad hoc.

Logotipo da spin-off EM3Works

EM3Works
Actividades de enxeñaría relacionadas coa compatibilidade electromagnética (EMC), a interferencia (EMI) e os niveis de radiación (RADHAZ).

Logotipo da spin-off EPHYTECH

EPHYTECH
Solucións no ámbito da enxeñaría marítima, civil, enerxías renovables, estudos ambientais e de efectos do cambio climático e desenvolvemento de software de simulación de fluídos.

Logotipo da spin-off ERH Illumnia

ERH Illumnia
Desenvolvemento de lámpadas LED de baixo consumo e execución de proxectos relacionados coa óptica avanzada.

Logotipo da spin-off EnerCOm

EnerCOm
Produción de enerxía a través de iniciativa comunitaria usando fontes renovábeis.

Logotipo da spin-off Energio Advance

Energio Advance
Desenvolvemento de tecnoloxía e de produtos de enxeñaría no ámbito da eficiencia enerxética, así como a realización de tarefas de asesoramento científico e asistencia técnica.

Logotipo da spin-off Energio Research

Energio Research
Desenvolvemento, produción e comercialización de produtos baseados na mecánica.

Logotipo da spin-off GASSport

GASSport
Consultoría técnica e de servizos para o adestramento físico e a comercialización de ferramentas informáticas para a actividade deportiva.

Logotipo da spin-off GEODEM

GEODEM
Desenvolvemento de actividades en torno á enxeñaría do medio ambiente e dos recursos naturais. Entre os seus fins atópase tamén a contribución ao desenvolvemento sostible.

Logotipo da spin-off Hydrosphere

Hydrosphere
Empresa dedicada á identificación taxonómica de especies bentónicas, recollida de mostras, proxectos de I+D, asesoramento e divulgación.

Logotipo da spin-off Hércules Control

Hércules Control
Esta iniciativa ofrece solucións ás demandas tecnolóxicas do sector marítimo no eido da hidrografía.

Logotipo da spin-off IOT Partners

IOT Partners
Creación de novos produtos e servizos sobre as últimas tendencias tecnolóxicas en sectores con alto potencial de dixitalización.

Logotipo da spin-off Imatia

Imatia
Produtos e servizos de software que axudan a empresas e administracións de todo o mundo a aumentar a súa produtividade, para que poidan facer máis en menos tempo.

Logotipo da spin-off Inbiogal

Inbiogal
Asistencia no deseño e no desenvolvemento de estudos de carácter bioquímico ou xenético e formación e asesoramento especializado no eido da bioquímica e a bioloxía molecular.

Logotipo da spin-off Infinbox

Infinbox
Compañía dedicada ao desenvolvemento de servizos e de solucións TIC para hospitais, tanto para pacientes como para profesionais do sector.

Logotipo da spin-off Ingeniería Insitu

Ingeniería Insitu
Empresa de base tecnolóxica (EBT) orientada á enxeñaría e arquitectura, nacida no 2008 desde o grupo de xeotecnoloxías aplicadas.

Logotipo da spin-off Inteligal

Inteligal
Empresa de consultoría e algoritmia en IA, especialista en axudar a outras empresas a montar proxectos.

Logotipo da spin-off Mycogalicia

Mycogalicia
Promoción da mellora do estado forestal potenciando o desenvolvemento rural, desde a micoloxía ata a botánica e outros campos de traballo relacionados co medio ambiente.

Logotipo da spin-off Nanofaber

Nanofaber
Provedor integral para a adquisición de materiais avanzados, nanotecnoloxías, servizos de enxeñaría e innovación para os sectores de saúde, de enerxía, de manufactura e de sustentabilidade.

Logotipo da spin-off Nanoimmunotech

Nanoimmunotech
Bioconxugación e sistemas nanométricos baseados en biosensores para mellorar a calidade de vida das persoas.

Logotipo da spin-off Peloides Termales

Peloides Termales
Consultoría sobre produción, emprego e propiedades de peloides a medida, tanto para aplicacións terapéuticas coma cosméticas, enfocada a prestar servizos ao sector termal.

Logotipo da spin-off Planesga

Planesga
Consultoría especializada na avaliación de procesos territoriais, na xestión do territorio e en sistemas de información.

Logotipo da spin-off Quantum Innovative

Quantum Innovative
Especialistas en ofrecer solucións avanzadas de enxeñaría mecánica, utilizando tecnoloxías e valorizando todo o coñecemento adquirido a través da universidade.

Logotipo da spin-off RelEYEble

RelEYEble
Empresa especializada no procesado dixital da imaxe, que aplica algoritmos de intelixencia artificial para extraer información útil para os negocios.

Logotipo da spinoff Seixas Invest

Seixas Invest
Consultora que oferta planificación, estudos de mercado e consultoría técnico-xurídica para os sectores público e privado

Logotipo da spin-off Serenia

Serenia
Serenia desenvolve un asistente conversacional con capacidade de evaluación de saúde nun segundo plano. Está centrada nos intereses das persoas maiores, e ten capacidade de análise en segundo plano de patoloxías cognitivas, ansiedade e depresión.

Logotipo da spinoff SON

Sound of Numbers
Empresa derivada constituída no ano 2008 para o desenvolvemento de ferramentas de enxeñaría acústica.

Logotipo da spin-off Spectrumgrid

Spectrumgrid
A empresa Spectrumgrid oferta solucións de trazabilidade orientados ao sector textil.

Logotipo da spin-off Unmanned Galicia

Unmanned Galicia
Deseño de cargas útiles intelixentes e métodos para inspeccións realizadas con UAV: inspección de infraestruturas baseada en sensores de contacto, inspeccións de instalacións solares e outras tarefas de teledetección con UAV.

Logotipo da spin-off Vixía System

Vixía System
Sistemas de visualización e de avaliación de variables ambientais, sistemas de información xeográfica, modelos de xestión de recursos e automatización de procesos de mostraxe.

Logotipo da spin-off VoltAI

VoltAI
VoltAI desenvolve proxectos de enxeñaría e IA orientados á eficiencia enerxética, sostibilidade e descarbonización de sistemas térmicos domésticos e industriais.

 

 

Oficina de I+D
Edificio Filomena Dato, 1.º andar
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 812 236
otc@uvigo.gal | directorio


Unidade Administrativa
Campus universitario
32004 Ourense
+34 988 387 044
otc.urense@uvigo.gal | directorio