XORNADA VIRTUAL INFORMATIVA PARA ESTUDANTES
Estadías de estudo en terceiros países no curso 2024/2025
31 de maio, ás 13.00 h
Tras a publicación da convocatoria de bolsas Erasmus+ KA171 para realizar estadías de estudos en terceiros países, a Oficina de Relacións Internacionais convida o estudantado á xornada informativa organizada coas universidades de destino.
A cita é o vindeiro venres 31 de maio, ás 13.00 h, a través de Campus Remoto a través do acceso de estudantes e do contrasinal nnGGtt56.
Máis información:
Oficina de Relacións Internacionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
erasmuska170@uvigo.gal




