ATHENA UNIVERSIDADE EUROPEA

Mesa redonda virtual co gallo do Día de Europa

15 de maio, de 15.00 a 16.00 h

UVigo - Internacional 10/05/2024

Co gallo do Día de Europa, ATHENA organiza unha mesa redonda virtual para concienciar a comunidade universitaria sobre a importancia de exercer o noso voto nas vindeiras eleccións europeas e para promover a participación da mocidade nesta cita coas urnas.

Baixo o título «It’s Your Education! It’s Your Europe!», o evento terá lugar o 15 de maio, de 15.00 a 16.00 h, a través de Zoom, para facilitar a participación desde todas as universidades socias da alianza.

A mesa redonda contará coa participación de representantes do ámbito político, de educadores e de estudantes que tratarán temas clave como o impacto das políticas europeas na ensinanza superior, as estratexias para promover o compromiso dos votantes das comunidades universitarias e as vías de colaboración entre o mundo académico e político para avogar por unha educación inclusiva e accesible na UE.

Na web de ATHENA poderedes coñecer o programa e as persoas participantes na mesa redonda.

Para asistir á mesa redonda, cómpre rexistrarse na seguinte ligazón.

Animámoste a partipar!


Na seguinte ligazón podes ver un resumo da mesa redonda:

Resumo da mesa redonda

 

 

Más información:

Oficina ATHENA
Programa de Universidades Europeas
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
athena-office@uvigo.gal

Instagram  youtube  ​​​Linkedin