Semana Internacional da UVigo 2025
Datas: do 5 ao 9 de maio de 2025
Lugar: Universidade de Vigo
Persoas destinatarias: persoal académico, técnico e administrativo de institucións de educación superior de calquera parte do mundo.
Inscrición: 100 € (ata o 1 de abril)
Na nosa sociedade moderna e globalizada, as institucións de educación superior vense obrigadas a adoptar unha estratexia de internacionalización como compoñente fundamental da súa misión e funcionamento.
A Semana Internacional da UVigo 2025 centrarase na educación transformadora de xénero.
As persoas asistentes participarán en sesións diarias centradas en temas específicos e colaborarán na exploración de métodos para integrar a internacionalización en todo o ecosistema da educación superior. Ademais, terán a oportunidade de interactuar con colegas de diferentes partes do mundo, así como de intercambiar boas prácticas, experiencias e perspectivas.
A Semana Internacional 2025 na UVigo promove o diálogo internacional, facilitando o intercambio de ideas e de puntos de vista diversos, ao tempo que lles proporciona ás persoas participantes as habilidades necesarias para navegar no ecosistema dinámico da educación superior.
Máis información:
Viicerreitoría de Internacionalización
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 276
welcome@uvigo.gal




