Semana Internacional da UVigo 2026
Datas: do 4 ao 8 de maio de 2026
Lugar: Universidade de Vigo
Persoas destinatarias: persoal académico e administrativo de institucións de educación superior.
Inscrición: 100 €
Na sociedade globalizada actual, as institucións de educación superior están chamadas a incorporar a internacionalización como un compoñente esencial da súa misión e funcionamento.
A Semana Internacional da UVigo 2026 reunirá profesionais de todo o espectro da educación superior nun evento multisectorial e transversal, deseñado para fomentar o diálogo, a colaboración e a innovación.
Ao longo da semana, as persoas participantes asistirán a sesións diarias centradas en temas clave, favorecendo o intercambio de boas prácticas, experiencias e perspectivas entre colegas de diferentes contextos institucionais e culturais.
A Semana Internacional da UVigo promociona o diálogo internacional e a aprendizaxe mutua, proporcionando ferramentas e coñecementos para afrontar os retos dun ecosistema educativo en constante evolución.
O programa provisional publicarase proximamente.
Para calquera consulta, podes escribir a:
Vierreitoría de Internacionalización
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 276
welcome@uvigo.gal




