Persoal de administración e servizos saínte
Mobilidade internacional
Erasmus+
Información xeral
O Programa Erasmus+ ofrece a oportunidade de realizar actividades de formación (STT) temporal nun centro educativo con países cos que se teñan asinados acordos en Europa ou con institucións de países extracomunitarios: Erasmus+ KA131 e Erasmus+ KA 171.
Esta oportunidade está ao alcance de todo o Persoal de Administración e Servizos (PAS) da Universidade de Vigo. Estas experiencias e intercambios contribúen a mellorar as habilidades lingüísticas e o recoñecemento cultural do país de destino así como ofrecer unha nova perspectiva sobre prácticas e enfoques pedagóxicos.
Máis información sobre o programa Erasmus+:
- Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE)
En cada ano natural poderá gozarse dun máximo de 15 días naturais de permiso para asistir a programas de intercambio e mobilidade internacional.
Erasmus+ KA131 (STT)
O persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo que desexe realizar unha mobilidade no extranxeiro poderá facelo na modalidade STT do programa Erasmus+.
Erasmus+ KA171 (STT)
O Programa Erasmus+ KA 171 permite realizar a mobilidade nunha institución educativa superior en países extracomunitarios.
As prazas e oportunidades dispoñibles varían segundo cada convocatoria.
Erasmus+ Blended Intensive Program (STT)
Os Blended Intensive Programmes (BIPs) son programas intensivos de curta duración, que se enmarcan dentro do novo Programa Erasmus+ 2021/2027 e que empregan métodos innovadores de aprendizaxe e ensino, incluíndo o traballo colaborativo en liña.
Ó permitir formatos de mobilidade novos e máis flexibles que combinan a mobilidade física cun compoñente virtual, os programas intensivos combinados aspiran a chegar a todo tipo de participantes, de calquer orixe, campo de estudo e ciclo.
Cada Erasmus+ BIP é organizado por un grupo de mínimo 3 universidades de 3 países diferentes.
Neste caso, o PAS pode participar en estadías combinadas de formación (STT) e ademais ten a oportunidade de presentar unha proposta de coordinación dun BIP con outras universidades.
Outros programas
Stella
O programa Stella ofrece a posibilidade de realizar mobilidades profesionais e intercontinentais ó personal de administración e servicios das universidades socias do Grupo Compostela de Universidades (GCU) e do Consorcio para a Colaboración na Educación Superior en América do Norte (CONAHEC).
Trátase dunha oportunidade de aprender como se traballa nos diferentes departamentos das universidades participantes no programa e de vivir unha experiencia multicultural, a través de estadías temporais noutras institucións de educación superior.
Iacobus
O Programa IACOBUS ten como obxectivo principal fomentar a cooperación e o intercambio entre os recursos humanos dos centros de ensino superior da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal - Profesores; Investigadores; Persoal de Administración e Servizos (PAS), facilitando a posta en común de actividades formativas, de investigación e de divulgación.
Esta iniciativa da Eurorrexión é pioneira en Europa e a GNP, AECT é a súa entidade xestora.
Semanas internacionais
De seguido ofrecémosche información sobre as semanas internacionais organizadas por institucións académicas europeas nas que podes participar.
Evento | Organización | Datas | Para | Solicitude | Contacto |
International Week 2024 |
Haute École Charlemagne Bélxica |
18-22 de marzo de 2024 | PDI e PAS | formulario ata o 15/12/2023 |
|
18th International Week |
Universidade Europeia, IADE-UE, IPAMPortugal | 4-8 de marzo de 2024 | PDI e PAS da ORI | Solicitude por e-mail ata decembro de 2023 |
Máis información:
Oficina de Relacións Internacionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 550
outgoing.ori@uvigo.gal