Empresas
A relación próxima entre a universidad e a empresa é unha prioridade para as universidades socias de ATHENA.
Xa que logo, establecéronse diferentes grupos de traballo que abordan este enfoque, identificando as necesidades do sector empresarial, para tratar de que a oferta formativa se adapte o máximo posible ao mercado laboral.
As empresas participan activamente nas actividades formativas da alianza. Como exemplo, nalgúns cursos/escolas de verán, as empresas formulan un desafío nun ámbito concreto a un grupo internacional de estudantes, quen deberán traballar conxuntamente para a súa resolución no prazo de catro meses.
Así mesmo, ATHENA proporciónalles o acceso a unha plataforma de recrutamento mundial para poder anunciar as súas ofertas de emprego e prácticas (PRAXIS).
Plataforma PRAXIS, como portal de emprego e prácticas (UVigo tamén utiliza JobTeaser)
Como visión de futuro, ATHENA pretende brindar unha educación internacional inclusiva, innovadora e de alta calidade aliñada permanentemente coas necesidades do mercado global, abordando os desafíos sociais e ambientais, así como as prioridades de investigación europeas, cumplindo cos máis altos estándares de empregabilidade e proporcionando ao noso estudantado unha transición profesional efectiva.
Unha das prioridades de ATHENA reside no mantemento dunha estreita colaboración con socios da industria. A través de enfoques de aprendizaxe baseados en proxectos de investigación conxuntos e ofertas de aprendizaxe permanente, queremos acercar as universidades e empresas e mellorar a preparación do noso estudantado para a súa futura carreira. Ademais, ofrecemos seminarios, obradoiros, cursos de capacitación e asesoramento profesional individual.
A través da estreita colaboración da rede ATHENA co portal en liña PRAXIS a modo de “mercado virtual” queremos chegar a estudantes de todo o mundo.
Os servizos de emprego das universidades de ATHENA comprometéronse a adaptar os seus contidos relacionados coa busca de emprego e de prácticas para que poidan publicarse na plataforma PRAXIS. Deste xeito, a oferta dispoñible para o alumnado ATHENA non será só máis numerosa, senón tamén máis internacional e diversa, aumentando potencialmente as opcións de empregabilidade.
Praxis é o Centro Europeo para a Excelencia de Proxectos/Prácticas creado e administrado pola rede PRAXIS, un consorcio de máis de 133 socios en Europa, formado por institucións de educación superior, empresas, asociacións, laboratorios de investigación e cámaras de comercio.
Para aquelas institucións que queiran unirse a PRAXIS e utilicen xa outras plataformas, como JobTeaser (Universidade de Carinthia, Austria, asociados de ATHENA), estase a traballar para que estas poidan enlazarse directamente a PRAXIS.