Un investigador traballa nun laboratorio

Actividade investigadora

Consulta aquí a información sobre as diversas convocatorias de axudas ás que o persoal de investigación da nosa universidade pode concorrer

A financiación necesaria para levar a cabo actividades de investigación pode ser de moi diversa orixe: subvencións públicas, contratos privados con empresas ou mecenado e patrocinio. Actualmente, a principal fonte de financiamento son as institucións públicas. Dende a Universidade de Vigo fomentamos e apoiamos a participación do noso persoal investigador nas diversas actuacións de I+D+i internacionais, nacionais e rexionais.

Así mesmo, queremos destacar os fondos propios que dedicamos á investigación, que se materializan na convocatoria de subvencións á investigación complementando ao resto de programas. Agrúpanse en catro grandes liñas:

  • Axudas a grupos de investigación (contratos programa e axudas á reparación de equipamento científico)
  • Subvencións para a organización de congresos e exposicións artísticas
  • Axudas á mobilidade do persoal investigador (visitas de persoas investigadoras, bolsas de viaxe e estadías)
  • Programa de bolsas e axudas á formación (bolsas de formación en diversos centros de investigación e centros singulares e axudas predoutorais).

O apoio para a xestión integral de todas estas axudas proporciónase a través dunha serie de servizos e oficinas que realizan diferentes funcións ao longo de todo o proceso de captación de fondos: difusión de convocatorias, preparación de propostas, tramitación de gastos, xustificación das axudas...