Outras actividades de investigación
Oportunidades de financiamento para subvencionar diversas accións relacionadas coa actividade investigadora
Organización de eventos
Organizacion de congresos
Esta acción ten como obxectivo estimular a organización de congresos científicos sobre problemas especializados concretos, que permitan o intercambio de coñecementos entre especialistas, españois ou estranxeiros, sempre que se cumpra o requisito imprescindible de que se presenten e defendan traballos científicos orixinais que deberán ser publicados nun libro de actas.
Axudas para a realización, comisariado e montaxe de exposicións artísticas
Poderán formular solicitudes aquelas persoas investigadoras doutoras que
teñan como un dos seus posibles resultados a realización ou montaxe dunha exposición da súa obra creativa.
Actividades de transferencia
Axudas para o desenvolvemento e consolidación das EBT
A finalidade desta convocatoria é a concesión, en función da dispoñibilidade orzamentaria e en concorrencia competitiva, de subvencións para fomentar a creación e o desenvolvemento das EBT da Universidade de Vigo xurdidas en calquera ámbito de coñecemento, mediante o financiamento, nos termos previstos nesta convocatoria, dos gastos que lles supoña a súa instalación en algún dos espazos dispoñibles.
Produción científica
Produción de investigación
Proceso para a avaliación da produción de investigación dun determinado ano no que se detallan os criterios, o procedemento e a documentación acreditativa requirida.
Produción de transferencia
Proceso para a avaliación da produción de transferencia do ano 2016 detallándose os criterios, o procedemento e a documentación acreditativa requirida.
Convocatorias para grupos/centros de investigación
Axudas á reparación de equipamento científico
Esta acción ten como obxectivo axudar aos grupos de investigación no mantemento da súa infraestrutura científica en funcionamento. Isto inclúe a reparación e posta a punto do equipamento, quedando loxicamente excluídos os gastos funxibles e a substitución daquelas partes do equipamento que teñan necesariamente que seren substituídas cada certo tempo (por exemplo, as lámpadas dos espectrofotómetros ou as cubetas de moitos equipamentos).
Protocolo para o desenvolvemento do Programa de accións estratéxicas para grupos de investigación da Universidade de Vigo (AEI-UVigo)
O Programa de accións estratéxicas para grupos de investigación (AEI-UVigo) consiste na apertura, unha vez recibida a autorización da Xerencia á proposta da vicerreitoría con competencias en investigación e transferencia, de aplicacións orzamentarias de gasto para a xestión económica das actividades de I+D+i dos grupos, institutos e centros de investigación da Universidade de Vigo.
- Protocolo para o Programa de accións estratéxicas para grupos de investigación da UVigo
- Formulario de solicitude do programa de accións estratéxicas para grupos de investigación da UVigo
- Resolución reitoral, do 20 de xaneiro de 2023, pola que se aproba a relación provisional de solicitudes autorizadas e denegadas dunha acción estratéxica para grupos de investigación (AEI-UVigo)
Para máis información sobre o programa Programa de accións estratéxicas para grupos de investigación, podes contactar coa Sección de Transferencia por correo electrónico:
Sección de Transferencia
+34 986 811 942
otri11@uvigo.gal
Se necesitas ampliar información sobre estas convocatorias podes contactar coa Sección de Proxectos do Servizo de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento
+34 986 813 420 | 986 814 033
proxectos.investigacion@uvigo.gal