Proxectos

Oportunidades de financiamento para a realización de proxectos de investigación

Esta sección contén información as principais oportunidades para conseguir fondos e axudas á investigación tanto a nivel nacional como galego, que axentes poden prestar asesoramento ou como podes recibir información sobre estas convocatorias.

Se buscas unha convocatoria en concreto, accede directamente ao buscador de convocatorias de I+D+i para procurar unha axuda concreta.

 

IR AO BUSCADOR DE CONVOCATORIAS

 

Ou consulta as convocatorias de axudas ordenadas polo ámbito xeográfico administrativo dos seus emisores. Coñece as convocatorias con maior concorrencia do ámbito galego, estatal ou internacional, e obtén información en profundidade sobre cada unha delas:

Xunta de Galicia

Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas 

Esta convocatoria de financiación destinada a grupos recolle catro modalidades de solicitude: grupos de referencia competitiva, grupos con potencial de crecemento, redes de investigación e proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente. 

 

Ir á convocatoria

 

Universidade de Vigo

Convocatoria para o anticipo de financiamento estrutural 

A convocatoria ten como obxectivo facilitar a dispoñibilidade de recursos económicos continuados e estables para o desenvolvemento da actividade dos grupos de investigación da Universidade de Vigo, contribuíndo así a minimizar as interrupcións no financiamento ocasionadas polos retrasos na resolución de convocatorias competitivas externas ou ás diversas circunstancias asociadas á formalización de actividades contratadas de I+D entre outros. Este financiamento proporcionarase na modalidade de anticipo, que será reintegrado polos grupos de investigación con cargo aos fondos externos captados ou outras fontes de financiamento ás que teñan acceso.

 

Ir á convocatoria

 

Contratos programa con grupos de investigación

Esta acción ten como obxectivo principal facilitar o financiamento dos grupos de investigación de calidade da Universidade de Vigo e contribuír ao incremento da súa competitividade na captación de recursos externos de I+D+i. Este programa de axudas debe servir para que os grupos de investigación que estean en condicións de concorrer ás convocatorias autonómicas anuais para grupos de investigación sobresaíntes, e que non resulten adxudicatarios, poidan dispoñer dun financiamento estrutural que lles permita mellorar suficientemente a súa organización, a súa estratexia e os seus resultados, para ter éxito nunha próxima convocatoria. Polo tanto, a adxudicación destes contratos-programa debe estar ligada á resolución das mencionadas convocatorias autonómicas, e máis concretamente aos grupos que sendo solicitantes nestas, resultasen ben valorados pero non conseguisen ser adxudicatarios. 

 

Ir á convocatoria

 

 

Se queres recibir información no teu enderezo electrónico sobre as convocatorias que difunde a Vicerreitoría de Investigación e Transferencia e as unidades que dependen dela subscríbete á listaxe de I+d nesta ligazón.

 

Se precisas ampliar información sobre as convocatorias de ámbito galego podes contactar coa Sección de Proxectos do Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento
Tel. 986 813 420 / 986 814033
Enderezo electrónico: proxectos.investigacion@uvigo.es

O Plan estatal de investigación científica e técnica e de innovación 2017-2020 contén actuacións ordenadas en catro programas despregados en subprogramas de carácter plurianual que se desenvolven principalmente mediante convocatorias en concorrencia competitiva:

  • Programa estatal de fomento da investigación científica e técnica de excelencia
  • Programa estatal de I+D+i orientada aos retos da sociedade
  • Accións estratéxicas

A continuación, algunhas das convocatorias con máis concorrencia de investigadores da UVigo:

Ministerio de Economía, Industria e Competitividade

Proxectos de I+D (Programa de fomento da investigación científica e técnica de excelencia)

Teñen como obxectivo a xeración de coñecemento sen ámbito temático predefinido nin orientación algunha, puidendo ser actuacións dun grupo de investigación individual ou de varios grupos en coordinación. O período de execución dos proxectos de investigación será de tres a catro anos.

 

Ir á convocatoria

 

Retos de investigación (Programa I+D+i orientada aos retos da sociedade)

Financian a execución de proxectos de investigación consistentes en traballos experimentais ou teóricos orientados específicamente cara algún dos oito grandes retos da sociedade española identificados na Estratexia Española de Ciencia e Tecnoloxía e de Innovación.

 

Ir á convocatoria

 

Retos-colaboracion (Programa I+D+i orientada aos retos da sociedade)

Pretende estimular a través da financiación de proxectos, a xeración dunha masa crítica en I+D+I de carácter interdisciplinar necesaria para avanzar na búsqueda de solucións de acordo coas prioridades establecidas nos retos.

 

Ir á convocatoria

 

Proxectos Explora Ciencia e Explora Tecnoloxía (Programa de fomento da investigación científica e técnica de excelencia)

Preténdese financiar a execución de proxectos de investigación cuxos obxectivos supoñan unha reavaliación de paradigmas establecidos e aceptados, con proxección en diversos ámbitos científicos ou técnicos, en busca de novos conceptos ou solucións e aplicacións rompedoras en diferentes disciplinas científicas. Deberán ser propostas de investigación imaxinativas e radicais cuxa viabilidade puidera ser considerada baixa en programas convencionais.

 

Ir á convocatoria

 

Accións de dinamización "Europa Investigación"  (Programa I+D+i orientada aos retos da sociedade)

A convocatoria pretende financiar axudas para a preparación de propostas de proxectos I+D+I en colaboración transnacional liderados por grupos de investigación españois dirixidas ás convocatorias do Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea para o período 2014-2020 (H2020).

 

Ir á convocatoria

 

Accións de dinamización "Redes de excelencia" (Programa de fomento da investigación científica e técnica de excelencia)

Son actividades para a creación e desenvolvemento de redes de grupos de investigación. Preténdese que os grupos participantes nas redes poidan tanto planificar actividades conxuntas futuras como consolidar resultados de actividades de I+D+I anteriores, incluíndo aquelas desenvolvidas no marco dos Campus de Excelencia Internacional. Tamén se pretende ofrecer apoio ás actividades de promoción internacional e posicionamiento estratéxico. 

 

Ir á convocatoria

 

Accións de programación conxunta internacional (Programa I+D+i orientada aos retos da sociedade)

Esta actuación ten por obxecto a financiación dos equipos de investigación españoles que concorrerán con éxito a convocatorias trasnacionales conxuntas no contexto do Espazo Europeo de Investigación ou outras actuacións internacionais nas que participa o MINECO.

 

Ir á convocatoria

 

Acción estratéxica de saúde (Programa de fomento da investigación científica e técnica de excelencia)

As actuacións desta convocatoria teñen como finalidade contribuir á fomentar a saúde e o benestar da cidadanía, así coma desenvolver os aspectos preventivos, diagnósticos, curativos, rehabilitadores e paliativos da enfermidades. A modalidade máis concorrida desta convocatoria adoita ser a de proxectos de investigación en saúde.

 

Ir á convocatoria

 

Proxectos de investigación fundamental e accións complementarias do INIA (Programa I+D+i orientada aos retos da sociedade)

O obxecto da convocatoria é a concesión de subvencións a proxectos de investigación fundamental orientada e accións complementarias nos retos de seguridade e calidade alimentaria, de actividade agraria produtiva e sostible, de sustentabilidade dos recursos naturais e investigación mariña e marítima.

 

Ir á convocatoria

 

Se precisas ampliar información as convocatorias de ámbito estatal podes contactar coa Sección de Proxectos do Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento
Tel. 986 813 420 / 986 814033
Enderezo electrónico: proxectos.investigacion@uvigo.es

Programa Horizonte 2020

Programas INTERREG 

Outras iniciativas internacionais

CONVOCATORIAS INTERNACIONAIS

 

Se precisas ampliar información as convocatorias de ámbito internacional podes contactar con
internacional.investigacion@uvigo.es

O Plan estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación para o período 2017-2020 contén unha serie de actuacións que se ordenan en catro Programas Estatais, que permiten instrumentalizar os obxectivos establecidos na Estratexia española de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación 2013-2020.
 
Os programas estatais despréganse en subprogramas de caracter plurianual que se desenvolven principalmente mediante convocatorias en concorrencia competitiva nas que se detallan de forma particularizada as modalidades de participación e financiación.
 
Estes son os programas  relacionados con proxectos ou actividades de investigación:

  • Programa estatal de fomento da investigación científica e técnica de excelencia.
  • Programa estatal de I+D+i orientada aos retos da sociedade
  • Accións estratéxicas.

Destacamos a continuación algunhas das convocatorias con máis concorrencia de investigadores da nosa universidade incluídas nos anteriores Programas

 

Ministerio de Economía, Industria e Competitividade

Proxectos de I+D (Programa de Fomento da Investigación Científica e Técnica de Excelencia)

Teñen como obxectivo a xeración de coñecemento sen ámbito temático predefinido nin orientación algunha, puidendo ser actuacións dun grupo de investigación individual ou de varios grupos en coordinación. 

As axudas estarán destinadas a financiar os gastos de persoal, pequeno equipamento, materiais e outros gastos relacionados cos obxectivos do proxecto. O periodo de ejecución dos proxectos de investigación será de tres a cuatro anos.

Ir á convocatoria

 

Retos de investigación (Programa  I+D+i Orientada aos Retos da Sociedade)

Financian a execución de proxectos de investigación que impliquen o incremento dos coñecementos científicos e tecnológicos mediante a promoción de actividades de investigación, consistentes en traballos experimentais ou teóricos orientados específicamente hacia algún dos oito grandes retos da sociedade española identificados na Estratexia Española de Ciencia e Tecnoloxía e de Innovación:

 
As axudas estarán destinadas a financiar os gastos de personal, pequeno equipamento, materiais e outros gastos relacionados cos obxectivos do proxecto

Ir á convocatoria

 

Retos-colaboracion (Programa  I+D+i Orientada aos Retos da Sociedade)

Pretende estimular a través da financiación de proxectos, a xeración dunha masa crítica en I+D+I de carácter interdisciplinar necesaria para avanzar na búsqueda de solucións de acordo coas prioridades establecidas nos Retos, promover a creación de empresas innovadoras, orientar a actividade de empresas xa existentes hacia a actividade innovadora, movilizar a inversión privada, xerar emprego e mellorar a balanza tecnolóxica do país, así como reforzar a capacidade de liderazgo internacional do Sistema Español de Ciencia Tecnoloxía e Innovación y dos seus axentes, contribuindo a mellorar a competitividade do tecido empresarial.

Ir á convocatoria

 

Proxectos Explora Ciencia e Explora Tecnoloxía (Programa de Fomento da Investigación Científica e Técnica de Excelencia)

Se pretende financiar a execución de proxectos de investigación cuxos obxectivos supoñan unha reevaluación de paradigmas establecidos e aceptados, con proxección en diversos ámbitos científicos ou técnicos, en busca de novos conceptos ou soluciones e aplicacións rompedoras en diferentes disciplinas científicas. Deberán ser propostas de investigación imaxinativas e radicais cuxa viabilidade puidera ser considerada baixa en programas convencionales, porque chocan con ideas establecidas no seu campo, e también propostas tecnolóxicas arriscadas que buscan unha proba de concepto y que, en ambos casos, non se conseguirían financiar polas vías habituais, 
As axudas estarán destinadas a financiar os gastos de personal, pequeno equipamiento, materiais e outros gastos relacionados cos obxetivos do proxecto.

Ir á convocatoria

 

Accións de dinamización "Europa Investigación"  (Programa  I+D+i Orientada aos Retos da Sociedade)

A convocatoria pretende financiar axudas para a preparación de propostas de proxectos I+D+I en colaboración transnacional liderados por grupos de investigación españois  dirixidas ás convocatorias do Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea para o periodo 2014-2020 (H2020). Estas propostas incluen proxectos ou accións de investigación e innovación encadrados nos Pilares de “Retos Sociales” e “Liderazgo Industrial”; accións de intercambio de personal financiadas baixo as accións Marie Sklodowska-Curie ITN e RISE (pola sua sigla en inglés: redes internacionais de formación de investigadores –ITN- e accións de intercambio de persoal investigador e de innovación –RISE- entre entidades públicas e privadas na Unión Europea). Ademáis, a presente convocatoria inclue a posibilidade de solicitar financiación para a preparación de propostas de Tecnoloxías Futuras e Emergentes (FET) e de axudas convocadas polo "Consejo Europeo de Investigación" (ERC, na súa sigla en inglés) tipo “Starting Grants”, “Consolidator Grants” e “Advanced Grant”.

 As axudas estarán destinadas a financiar os gastos de adquisición de material funxible, suministros e produtos similares, gastos de consultoría, tradución e servizos equivalentes, gastos de viaxes e dietas, asistencia a congresos e conferencias, gastos derivados do asesoramiento e apoio á innovación, gastos de inscripción a congresos e xornadas técnicas e gastos de subcontratación de actividades obxeto da axuda.

Ir á convocatoria

 

Accións de dinamización "Redes de excelencia" (Programa de Fomento da Investigación Científica e Técnica de Excelencia)

Son actividades para a creación e desenvolvemento de redes de grupos de investigación. Pretendese que os grupos participantes nas redes poidan tanto planificar actividades conxuntas futuras como consolidar resultados de actividades de I+D+I anteriores, incluindo aquelas desenvolvidas no marco dos Campus de Excelencia Internacional. Tamén se pretende ofrecer apoio ás actividades de promoción internacional e posicionamiento estratéxico.  

As axudas estarán destinadas a financiar gastos de personal, gastos de organización e asistencia a actividades científico-técnicas da rede e outros gastos relacionados co desenvolvemento e execución das actividades para as que fosen concedidas.

Ir á convocatoria

 

Accións de programación conxunta internacional (Programa  I+D+i Orientada aos Retos da Sociedade)

Esta actuación ten por obxeto a financiación dos equipos de investigación españoles que concurriran con éxito a convocatorias trasnacionales conxuntas no contexto do Espazo Europeo de Investigación ou outras actuacións internacionais nas que participa o MINECO a través de acordos y memorandos de entendemento, en áreas temáticas específicas, e que demostren excelencia científica e un valor engadido da colaboración internacional á hora de afrontar os retos da sociedade. 

Estas axudas poderán financiar únicamente custos directos, na modalidade de costes marxinais, e entre eles, gastos de persoal, pequeno equipamento, material funxible e outros gastos relacionados cos obxetivos do proxecto.

Ir á convocatoria

 

Acción estratéxica de saúde (Programa de Fomento da Investigación Científica e Técnica de Excelencia)

As actuacións desta convocatoria teñen como finalidade contribuir á fomentar a saúde e o benestar da cidadania, así coma desenvolver os aspectos preventivos, diagnósticos, curativos, rehabilitadores e paliativos da enfermidades. A modalidade máis concorrida desta convocatoria adoita ser a de Proxectos de investigación en saúde

Ir á convocatoria

 

Proxectos de investigación fundamental e accións complementarias do INIA (Programa  I+D+i Orientada aos Retos da Sociedade)

El objeto de la convocatoria es la concesión de subvenciones a proyectos de investigación fundamental orientada y acciones complementarias en el Reto de Seguridad y Calidad Alimentaria, Actividad Agraria Productiva y Sostenible, Sostenibilidad de los Recursos Naturales e Investigación Marina y Marítima.

Los proyectos de investigación fundamental van dirigidos a fomentar la generación de conocimiento, su aplicación y la innovación en todas sus dimensiones. Las acciones complementarias son actuaciones de especial relevancia en la conservación de recursos genéticos de interés para la agricultura y la alimentación no contempladas en los proyectos de investigación fundamental. Se priorizarán aquellos proyectos de investigación que, siendo considerados excelentes desde un punto de vista científico, sean abordados por más de tres grupos de investigación complementarios.

Ir á convocatoria

 

Se precisas ampliar información as convocatorias de ámbito estatal podes contactar coa Sección de Proxectos do Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento
Tel. 986 813 420 / 986 814033
Correo: proxectos.investigacion@uvigo.es

Programa Horizonte 2020

Programas INTERREG 

Outras iniciativas internacionais

CONVOCATORIAS INTERNACIONAIS

Para máis información: internacional.investigacion@uvigo.es