Recursos humanos / mobilidade

Oportunidades de financiamento destinadas a subvencionar a contratación e mobilidade de personal investigador. 

Accede directamente ao noso Buscador de Convocatorias de I+D+i para procurar unha axuda concreta ou accede á listaxe de convocatorias máis comúns de ámbito galego e estatal para coñecer información en profundidade sobre cada unha delas.

Convocatorias da Universidade de Vigo

Axudas predoutorais

O obxectivo desta convocatoria é subvencionar doutorandos ou doutorandas integradas en grupos de investigación que estean a realizar a tese de doutoramento na Universidade de Vigo, e que en función da súa capacitación e formación poidan converterse en novos investigadores e investigadoras.

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

Bolsas de formación no CACTI

O obxectivo desta convocatoria é subvencionar a formación e aprendizaxe de estudantes de programas de doutoramento ou máster impartidos pola Universidade de Vigo no dominio das técnicas utilizadas nos servizos que se prestan no Centro de Apoio Científico Tecnolóxico a Investigación (C.A.C.T.I.).

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

Bolsas de formación na ECIMAT

O obxectivo desta convocatoria é subvencionar a formación e aprendizaxe de estudantes de doutoramento ou master da Universidade de Vigo no dominio das técnicas utilizadas na Estación de Ciencias Mariñas – ECIMAT.

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

Bolsas de formación no CITI

O obxectivo desta convocatoria é facilitar que estudantes da Universidade de Vigo presten a súa colaboración, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, no Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (C.I.T.I.) de Ourense.

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

Convocatorias da Xunta de Galicia

Axudas de apoio á etapa predoutoral

O obxecto do Programa  é outorgar axudas ás universidades do SUG que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación como doutoras e doutores nos seus centros con dúas modalidades: A (para investigadoras e investigadores que desenvolvan un proxecto de investigación en liña cos retos definidos na Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3 e que teñan unha persoa designada para dirixir ou codirixir a tese que cumpra certos requisitos) e B (axudas de carácter xeral de apoio á etapa predoutoral, mediante as cales se garantirá a representación de todas as ramas de coñecemento)

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral

Existen dúas modalidades neste programa: a ampliación da especialización do persoal investigador doutor, mediante o financiamento de contratos dun máximo de dous anos de estadías de investigación no estranxeiro e a súa reincorporación na Comunidade Autónoma de Galicia mediante un contrato de retorno dun ano de duración (modalidade a) ou, por outra banda modalidade b), posibilitar a continuación da súa formación e o establecemento dunha traxectoria investigadora propia a determinados beneficiarios do plan I2C.

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

Convocatorias estatais

O Plan estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación para o período 2017-2020 contén unha serie de actuacións que se ordenan en catro Programas Estatais, que permiten instrumentalizar os obxectivos establecidos na Estratexia española de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación 2013-2020.
 
Os programas estatais despréganse en subprogramas de caracter plurianual. Desenvólvense principalmente mediante convocatorias en concorrencia competitiva nas que se detallan de forma particularizada as modalidades de participación e financiación.
 
Estas son algunhas das convocatorias relacionadas con recursos humanos de investigación máis coñecidas:

Axudas para contratos predoutorais para a formación de doutores

    O fin destas axudas é que os investigadores en formación realicen unha tese doutoral asociada a un proxecto de investigación financiado polas axudas para proyectos de varios dos Programas Estatais. Ademais teñen por obxeto financiar a contratación laboral, durante un periodo de orientación posdoutoral dun ano de duración, daqueles doutorandos que obteñan o título de doutor con antelación ao inicio da última anualidade da ayuda. As ayudas terán unha duración máxima de catro anos.

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

Axudas "Juan de la Cierva"  formación

Teñen como obxectivo  fomentar a contratación laboral de xóvenes doutores por un periodo de dous anos para que completen a súa formación investigadora posdoutoral en centros de I+D españois distintos a aqueles nos que realizaron a súa formación predoctoral.

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

Axudas "Juan de la Cierva" incorporación

Teñen como obxectivo fomentar a contratación laboral de xóvenes doutores por un periodo de dous anos con obxeto de que  afiancen as capacidades adquiridas durante unha primeira etapa de formación posdoutoral.

A maiores da cofinanciación do salario e cota empresarial, esta convocatoria tamén contempla a concesión dunha axuda adional de 6.000 euros por investigador para cubrir os gastos directamente relacionados coas súas actividades de investigación.

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

Axudas para contratos "Ramón y Cajal"

Estas axudas van dirixidas a promover a incorporación de investigadores nacionais y estranxeiros cunha traxectoria destacada en centros de I+D. As axudas teñen unha duración de cinco años e destínanse a cofinanciar o salario e a cota empresarial da Seguridad Social dos investigadores contratados, concedendo ademais unha axuda adicional de 40.000 euros, a executar en catro años, para cubrir os gastos directamente relacionados coa execución das súas actividades de investigación

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

Axudas para incentivar a incorporación estable de doutores (IDE)

Pretenden impulsar a oferta de postos de traballo de carácter permanente en Universidades e Centros de I+D sen ánimo de lucro para estimular a súa ocupación por investigadores que posúan unha trayectoria científico-tecnolóxica destacada. Estas axudas nacen co propósito de dar continuidade aos obxectivos do Programa de Incentivación da Incorporación e Intensificación da Actividade Investigadora (Programa I3).

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

Axudas para contratos de Personal Técnico de Apoyo (PTA)

Preténdese incentivar a contratación laboral de persoal técnico de apoio en Centros de I+D. As titulacións requiridas son as de licenciado, enxeñeiro, arquitecto, graduado, diplomado, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico ou técnico superior no marco da la formación profesional do sistema educativo.

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

Bolsas e axudas á formacion do profesorado universitario, investigadores e titulados superiores (FPU)

Estas axudas están destinadas á formación investigadora en programas de doutoramento para a consecución do título de Doutor/a e a adquisición de competencias docentes universitarias en calquera área do coñecemento científico, que faciliten a futura incorporación das personas beneficiarias ao sistema español de educación superior, e de investigación científica. Teñen unha duración de 4 anos.

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

Ministerio de Economía, Industria e Competitividade

Axudas á mobilidade predoutoral para a realización de estadías breves en centros de I+D

Las ayudas financiarán la realización de estancias en centros de I+D por parte de beneficiarios de ayudas para contratos predoctorales para la formación de doctores o la antigua convocatoria FPI.

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Axudas á mobilidade para estadías breves e traslados temporais 

Esta axuda está destinada a persoas que leven disfrutado dunha axuda FPU que completaran un periodo igual o superior a nueve meses ou teñan completado un periodo igual ou superior a nueve meses en becas o ayudas anteriores de naturaleza semejante a la ayuda FPU.

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

Estadía de profesores e investigadores sénior en centros estranxeiros, incluido o Programa "Salvador de Madariaga"

Os destinatarios desta axuda serán profesores ou investigadores con vinculación de funcionario de carreira dos corpos docentes das universidades públicas españolas entre outros, que desexen realizar estadías no estranxeiro en universidades e centros de investigación altamente competitivos na área científica do candidato.

MÁIS INFORMACIÓN

Estancias de mobilidade no estranxeiro "José Castillejo" para xóvenes doutores

Esta modalidade ten por obxeto financiar estadías que favorezan e incentiven a mobilidade de xóvenes doutores, que se teñan incorporado recentemente á carreira docente e investigadora e mantenñan unha vinculación contractual coma profesores e investigadores cos seus centros de adscrición. 



MÁIS INFORMACIÓN

 

Universidade de Vigo

Visita de investigadores e investigadoras

Esta acción pretende fomentar as visitas de investigadores e investigadoras de sona internacional que poidan pronunciar conferencias sobre temas da súa especialidade. Así mesmo, tamén pretende facilitar a celebración de reunións de traballo, debate, e exposicións de obra plástica entre persoal investigador da nosa comunidade universitaria e de quen estea dirixindo traballos análogos noutros centros de investigación, preferentemente estranxeiros.

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

Bolsas de viaxe

A subvención irá destinada a financiar parcialmente os desprazamentos para a presentación de comunicacións orais ou escritas ou proxectos creativos, en congresos, exposicións de creación artística, e reunións científicas, nacionais ou internacionais fóra de Galicia.

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

Estadías en centros de investigación

Esta acción ten como obxectivo facilitar a estadía en centros de investigación radicados fóra de Galicia para a realización de traballos de investigación e a utilización ou adquisición de técnicas necesarias para o desenvolvemento da mesma e que non poidan ser levadas a cabo na Universidade de Vigo.

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

Se precisas ampliar información sobre estas convocatorias podes contactar coa Sección de Recursos Humanos do Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento no teléfono 986 813 599 / 986 813906 ou no mail seccion.rrhh.investigacion@uvigo.es

Documentación de interese

Mapa da carreira investigadora en España (FECYT)2.6 MB Guía para a xestión da mobilidade do persoal investigador extranxeiro en España 2017 (FECYT)10.26 MB