Manuais e titoriais
Este manual pretende reunir toda a información que o persoal investigador poida necesitar para levar a cabo a súa actividade diaria, integrando todos os servizos e recursos que ofrece a Universidade de Vigo.
Servizos informáticos
Aplicacións e infraestruturas informáticas
A UVigo pon á disposición da comunidade universitaria unha serie de servizos electrónicos de utilidade no día a día. Nesta ligazón pódese atopar información sobre os seguintes aspectos entre outros:
- Identificador/usuario na UVigo
- Correo electrónico da universidade
- Conexión ás redes Wifi
- Conexión por medio dun proxy
- Rede telefónica da universidade
- Software dispoñible
- Listaxes de correo
- Aloxamento web
- Realización de videoconferencias
Actividade investigadora
Información sobre oportunidades de financiamento
A Vicerreitoría de Investigación ofrece diferentes ferramentas para estar ao día sobre as diversas convocatorias de axudas e outras actividades de investigación:
Seguimento económico de actividades de I+D+i
O SUXI (Sistema Unificado de Xestión da Investigación) é un aplicativo deseñado para facilitar o día a día do persoal investigador. O seu módulo SUXI-PI facilita a xestión das actividades de investigación proporcionando información sobre a situación económica das actividades de I+D+i.
Pode accederse ao SUXI a través da secretaría virtual, na seguinte ligazón.
Outras xestións
Xestións xerais
Nesta ligazón podes acceder a información sobre as xestións de tipo xeral máis comúns da área de investigación (solicitude de certificacións, altas e baixas en grupos etc).
Compras e comisións de Servizo
A través da secretaría virtual da Universidade de Vigo terás acceso a dous aplicativos de importancia na actividade diaria do persoal investigador:
- Pedidos: a través deste programa poderás solicitar e tramitar compras diversas.
- Outros xustificantes económicos: a través deste programa poderás tramitar comisións de servizo con dereito a indemnización (dietas), xustificantes internos e xustificantes estranxeiros.
Se precisas máis información sobre estos dous aplicativos, podes acudir á Área de Apoio á Investigación e Transferencia do teu ámbito de coñecemento.
Detalles sobre algúns tipos de compras
- Equipamento científico e material funxible de laboratorio: a UVigo está desenvolvendo un Acordo Marco para o suministro de material de laboratorio coa finalidade ordenar e optimizar o material de uso común e continuado.
- Soporte físico e soporte lóxico: o propio persoal investigador tomará a decisión e realizará estas compras con cargo ás partidas orzamentarias das que son xestores. Non obstante, se precisas asesoramento especializado podes dirixirte aos Servizos Informáticos
- Material de oficina: actualmente a UVigo ten adxudicada a DISMAC este tipo de compras. Podes dirixirte á Área de Apoio á Investigación e Transferencia do teu ámbito para informarte sobre o proceso a seguir.
Contratos de persoal con cargo a proxectos de investigación
Cando a persoa investigadora ou directora principal dun proxecto de investigación, dun programa ou dunha subvención considere necesario a contratación de persoal para a consecución dos obxectivos do proxecto, deberá cubrir o impreso de solicitude de contratación e envíalo xunto coa documentación adicional correspondente ao Servizo de PDI.
Podes atopar toda a información respecto a este trámite ao fondo da páxina onde leva esta ligazón.
I+D+i na UVigo
Estratexia, estrutura e normativas
A I+D+i nun só vistazo:
- Organización da investigación (grupos, agrupacións, centros e entidades vinculadas).
- Estratexia investigadora
- Selo de excelencia en recursos humanos (HRS4R)
- Guía de boas prácticas
- Normativas
Recursos específicos para a investigación
Base de datos de equipamentos e servizos científico-técnicos
A Vicerreitoría de Investigación e Transferencia iniciou a elaboración dunha base de datos e mapa de equipamentos e servizos científico-técnicos dispoñibles na Universidade de Vigo, tanto nos centros singulares e de apoio á investigación, como noutras dependencias universitarias.
Púxose tamén en marcha unha ferramenta de procura que proporciona información sobre a localización dos equipos dispoñibles e as persoas a cargo dos mesmos. Esta base de datos está en construción, e completarase proximamente, especialmente no que respecta aos campus de Ourense e Pontevedra.
Podes acceder ao buscador aquí.
Xestión do currículo
O SUXI (Sistema Unificado de Xestión da Investigación) é un aplicativo deseñado para facilitar o día a día do persoal investigador. O seu módulo SUXI-XC (xestión curricular) facilita a anotación das diversas actividades e méritos realizados durante a vida académica e investigadora e, por tanto, a creación dun curriculo actualizado de forma continuada.
A maiores, os méritos introducidos neste aplicativo e validados posteriormente polos correspondentes órganos da universidade son valorables para as convocatorias da UVigo de avaliación da produción de investigación e transferencia.
Pode accederse ao SUXI a través da secretaría virtual, na seguinte ligazón.
Soporte lóxico anticopia
A Universidade de Vigo, a través da Secretaría Xeral, adquiriu licenzas do software TURNITIN para a detección de contidos non orixinais en documentos.
Suministráronse licenzas ás facultades e ás escolas para o seu uso na actividade docente, pero tamén se pode facilitar a utilización do programa para actividades investigadoras. Pode obter máis información no seguinte enderezo electrónico: info@cixug.es
Oficina UVigo-UDC en Bruselas
A Universidade de Vigo, en colaboración coa Universidade da Coruña, pon a disposición do seu persoal investigador a utilización dunha oficina no edificio da Delegación do CSIC en Bruselas, no enderezo:
Rue du Trône, 62 – 6º andar
1050 Bruselas
Bélgica
Este edificio está situado nas proximidades da Dirección Xeral de Investigación da Comisión Europea e a curta distancia do Parlamento Europeo e das principais oficinas de I+D, tanto dos Estados membros da Unión Europea como doutros organismos e universidades.
As universidades de Vigo e da Coruña acordaron co CSIC o uso exclusivo dun despacho individual totalmente equipado, na planta sexta do edificio indicado (espazo D.6.10), así como o uso das zonas comúns e das tres salas de reunión, de acordo coas normas de funcionamento interno e de condicións de uso da delegación do CSIC en Bruxelas.
Estes espazos poderán ser utilizados para actividades de promoción da investigación polo persoal investigador da Universidade de Vigo, para o que se deberá realizar previamente reserva no seguinte enderezo electrónico: vicinv@uvigo.es.
Servizos dos Centros de apoio á investigación
Os nosos centros proporcionan apoio científico e tecnolóxico para a realización de actividades de investigación tanto aos membros da comunidade universitaria como a outros organismos.
Nestas ligazóns podes consultar a información correspondente:
CACTI
Ecimat
CITI
Cinbio
Portal de divulgación
O I Plan de divulgación científica da Universidade de Vigo desenvolve varías liñas de actividade que pretenden non só contribuír a un mellor coñecemento da capacidade investigadora e de prestación de servizos da universidade por parte da poboación, senón sobre todo a fomentar a mellora da cultura científica da nosa sociedade.
Este portal é un apartado específico da web dedicado á divulgación científica que reúne información sobre materiais audiovisuais propios, ligazóns a webs de interese, anuncios, informes etc.
Pódese acceder ao portal e ao Plan de divulgación aquí.
Repositorio institucional
Investigo é o repositorio institucional da Universidade de Vigo que recolle, difunde e preserva a produción científica do seu persoal investigador. Artigos, libros, capítulos ou partes de libros, contribucións a congresos e teses de doutoramento lidas na universidade, constitúen os principais contidos do repositorio.
A xestión e mantemento de Investigo correspóndelle á biblioteca universitaria. Pode consultar máis información sobre o repositorio na súa web ou no seguinte enderezo electrónico: investigo@uvigo.es.
Recursos da biblioteca
A biblioteca da universidade de Vigo ofrece diferentes servizos de interese para a investigación. Entre outros, podemos destacar:
- Catálogo colectivo REBIUN
- Recursos electrónicos
- SCOPUS, Web of Science, Bases de datos do CSIC
- Guias e titoriais
- App bX Hot articles
Actividades complementarias
Deportes
O deporte e o exercicio como fonte de diversión, benestar e goce do tempo de lecer enchen o programa físico deportivo para a comunidade universitaria.
Podes acceder a información xeral sobre este tema aquí.
Se buscas información específica de cada campus, accede a través destas ligazóns:
Cultura
A universidade é aprendizaxe, cultura, relacións e tamén ocio e diversión. A vida universitaria fórmate como persoa a través de obradoiros, cursos, seminarios ou xornadas relacionadas co teatro, cine, literatura ou arte.
Podes acceder a información xeral sobre este tema aquí.
Se buscas información específica de cada campus, accede a través destas ligazóns:
Manuais de xestión económica
- Exemplo do proceso de sinatura dixital
- Manual de execución orzamentaria de xestión de terceiros
- Manual de execución orzamentaria de contabilidade de gastos
- Manual de xustificante de gastos
- Manual de execución orzamentaria de xustificantes de gasto
- Manual de actividades non institucionais
- Manual de proxectos de investigación
- Procedemento de imputación de nómina
- Manual de notificación de eventos
- Manual de terceiros
- Manual de patrimonio
- Manual de execución orzamentaria de contabilidade de ingresos
- Manual de expedientes
- Manual do programa de emisión de facturas a clientes da Universidade de Vigo
- Manual do programa de dietas
- Manual de pedidos consonte a Lei de contratos do sector público
- Manual do programa de xustificantes internos e estranxeiros
- Manual do procedemento de facturación electrónica para as empresas provedoras (es)