Xestións
Solicitude de certificacións
A través do seguinte grupo de trámites pódese solicitar tanto a autorización para a futura participación en proxectos de investigación doutros organismos alleos á universidade coma certificacións que declaren os proxectos ou actividades nos que xa se participou ou se está participando, ou o grupo de investigación do que é integrante.
Autorización de participación en proxectos doutros organismos
Pode solicitarse esta autorización enviando un correo electrónico ao enderezo vicinv@uvigo.es cos seguintes datos:
- Nome e apelidos do solicitante
- DNI
- Título do proxecto no que vai participar
- Organismo que vai solicitar o proxecto
- Investigador principal no anterior organismo
- Convocatoria (nome e BOE/DOG)
A solicitude será enviada por correo electrónico ao solicitante con firma dixital.
Participación en proxectos
O Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento só certificará a participación en axudas financiadas por organismos públicos nacionais e da comunidade galega.
A acreditación da participación nos proxectos en que a persoa interesada teña a condición de membro do equipo de traballo NON será efectuada polo Servizo de Investigación e Desenvolvemento, senón que deberá realizala a persoa investigadora principal do proxecto.
Só se certificará a participación en proxectos de investigación dos últimos 10 anos.
O modelo de solicitude que figura no apartado de documentación ao fondo desta páxina deberá ser enviado por correo electrónico ao enderezo proxectos.investigacion@uvigo.es
Participación en actividades contratadas de I+D+i
Pode solicitarse enviando un correo electrónico ao enderezo otri11@uvigo.es indicando nome e apelidos e DNI da persoa solicitante.
Composición de grupo de investigación
Pode solicitarse enviando un correo electrónico ao enderezo auvicinv@uvigo.es indicando nome e apelidos e DNI da persoa solicitante así como o código e nome do grupo en cuestión.
Modificación da composición de grupos de investigación
As modificacións en grupos abranguen tanto a creación de novos grupos coma as altas e baixas de persoal destes grupos.
Pódese consultar a información completa deste trámite no apartado desta páxina dedicado exclusivamente a grupos.
Autorización de procedementos de experimentación
A través destes dous trámites pódese solicitar aos correspondentes órganos da universidade a avaliación de proxectos, tanto os que impliquen uso de animais como doutros tipos.
Experimentacion animal
O Comité Ético de benestar animal será o encargado de informar e autorizar nestes casos.
Pódese acceder á información completa deste trámite no apartado da web dedicado en exclusiva ao Comité.
Outros procedementos
A Comisión de Investigación da Universidade de Vigo é o órgano que actualmente informa e autoriza a realización doutros procedementos alleos á experimentación animal.
Para máis información sobre este trámite pode dirixirse ao enderezo electrónico vicinv@uvigo.es.
Organización de congresos
A través deste trámite pódese solicitar a apertura dunha nova aplicación orzamentaria correspondente a un congreso científico para facilitar a xestión económica durante a súa organización.
Para realizar a solicitude é necesario cubrir e enviar ao enderezo electrónico proxectos.investigacion@uvigo.es (Servizo de Apoio á Investigación) os impresos que figuran a continuación cubertos e firmados.