Galicia e a Lusofonía: diante dos desafíos globais

UVigo – Servizo Publicacións 20/12/2019

Coordinado por Celso Cancela, Daniel González e Álvaro X. López Mira

Neste libro de actas aparecen a totalidade das sesións celebradas no III Congreso de Estudos Internacionais de Galicia, organizado polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e polo Observatorio da Gobernanza da Área de Ciencia Política da Universidade de Vigo. Foi un plural foro de debate cívico e académico que reflexionou arredor da participación de Galicia no espazo internacional da lusofonía, desde posicións construtivas, inclusivas e pro-activas no contexto do quinto aniversario da aprobación unánime polo Parlamento galego no 2014 da Lei denominada Iniciativa Paz Andrade.

Para más información, podes consultar a ficha desta publicación aquí