
A I+D+i na UVigo
A nosa experiencia e capacidade de innovación fannos un socio ideal para o desenvolvemento conxunto de proxectos multidisciplinares e transnacionais
Dende o noso nacemento, na Universidade de Vigo apostamos pola excelencia co obxectivo de converternos nun referente innovador dentro do sistema universitario, tanto na investigación básica como na aplicada; na xestión e na transferencia do coñecemento. O mesmo obxectivo é o que impulsa o proceso de internacionalización das nosas actividades.
En esquema podemos dicir que somos unha institución:
- Emprendedora. Creamos, difundimos e transferimos coñecementos e I+D+i ao tecido produtivo, liderando alianzas estratéxicas por medio de centros e plataformas tecnolóxicas.
- Innovadora e de progreso nos procesos de investigación básica e aplicada.
- Consolidada na nosa proxección internacional.
Os nosos números máis significativos

+1700
PERSOAS INVESTIGANDO

185
GRUPOS DE INVESTIGACIÓN

+24 M€
EN RECURSOS CAPTADOS

+6 M€
EN I+D CONTRATADA

+200
PATENTES ACTIVAS

30
NOVAS EMPRESAS BASEADAS NO COÑECEMENTO